Traductor

Viana logra máis horas para dependencia

Nesta noticia houbo un erro que xa esta rectificado pídovos desculpas

O alcalde de Viana, Secundino Fernández Fernández (BNG), afirma que a reunión ca delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, a finais do mes de abril para abordar os proxectos plantexados polo Concello está tendo resposta. Así, o rexedor plantexoulle ampliar a axuda ó programa social da dependencia e, neste momento, xa conta cun número de horas máis amplia. “Nos concederon 2.065 horas anuais cando na actualidade tiñamos 1.199, de xeito que se traduce nunhas 170 horas ó mes, o cual é moi importante para os veciños do municipio de Viana”.

Na actualidade, está pendente doutras cuestións e prioridades para o municipio que tamén tratou con Marisol Díaz como a dotación dun obradoiro de emprego de garantía xuvenil, para desempregados de ata 25 anos que compartiría con Trives, Manzaneda e A Mezquita, sendo promotor o Concello de Viana do Bolo., e outro obradoiro normal, que compartiría igualmente con Trives, Manzaneda e A Mezquita, sendo promotor o Concello de Viana do Bolo.

Tamén tratou con Marisol Díaz o proxecto para a dotación de alumeados no municipio, a reforma e acondicionamento da Casa do Concello, o adecentamento de camiños rurais, convenios de brigadas contra incendios e axudas para a contratación de socorristas para as piscinas durante o verán, entre outras cousas.


Confiamos en que non haberá dificultades para acometer estas iniciativas como é a dotación dos obradoiros e que paso a paso imos ir implantando todas estas melloras no municipio”, concluyó el alcalde de Viana.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total