Traductor

Julio Somoza

JULIO SOMOZA, UNHA VIDA ENTREGADA Á MÚSICA
Foi no 1980 en Viana do Bolo, fixemos o Grupo GALOCHO , o Manolito (Azucarillo) batería, o Eduardo Ávila (fillo do Tono) tamén batería, Roberto Losada (sobriño do Lera) guitarra , Fernando de Sousa (o carniceiro do Salgado) guitarra, Julio Somoza (fillo do Trastoi) no órgano e Secundino García (neto do Teolindo) como técnico de son. Sí, nos comenzos tiñamos dúas guitarras e dúas baterías, empezamos ensaiando no cine de Viana por xentileza do Pedro Marín e a Tita do Caco que daquela eran quenes o levaban. As nosas primeiras actuacións foron en bares de Viana. Caracas, mesón A nosa terra, cafetería París, Rafael, etc. 


Ó principio facíamos un montón de ruido pero pouquiño a pouco fomos mellorando. Un dos guitarristas pasou a tocalo baixo (Fernando de Sousa) e un dos baterías (Eduardo Ávila) que cantaba moi ben pasou a cantante. O Sr. Manolo da gasolinera contratou a un gran músico portugués que vivía en Verín (João Simoes da Silva) que tocaba daquela no Grupo Estramonio de Verín, e viña unha vez a semana a darnos clases de música e a axudarnos a ensaiar temas novos. 

En pouco tempo melloramos moito. Viñeron a vernos ó local de ensaio algunhos representantes de orquestras da época, Antolín da Rúa, Zeravla de Verín e prometéronnos actuacións para o grupo pero coa condición de que lle cambiáramos o nome xa que según eles Grupo Galocho non era moi comercial, entón a partir de aí decidimos chamarnos Grupo Breogán 81 e ese ano traballamos tocando todo o verán pola provincia de Ourense, por suposto en moitas aldeas de Viana e hasta tivemos varias actuacións no norte de Portugal.

 Xa no 1982 Eduardo marchou para Coruña e pouco a pouco foise desfacendo o grupo. A min chamáronme de un grupo de Ourense que se chamaba Vagalume, onde nada máis chegar puxéronme unha partitura diante e díxenlle que eu non sabia ler música que tocaba de oído, non puxeron moi boa cara pero depois de ensaiar un cacho decidiron contratarme, toquei con eles ese verán. NO ano 1983 chamáronme para o Grupo Marimba de Moaña en Pontevedra, esta xente xa vivía todo o ano da música con un sueldo todolos meses independientemente do número de actuacións que tiveramos, eran profesionáis de verdade. 
Marchei a vivir para Moaña e botei catro anos alá, onde escomencei a estudiar solfeo no conservatorio de Cangas e música moderna con Alberto Conde en Vigo (Baio Escola de Música) que acababa de chegar dos EEUU de estudiar na Berklee College of music. No tempo que estiven en Moaña tamén grabei algunhas maquetas co cantante galego Xil Ríos e fixen algunha composición para él. En 1988 viñen para Ourense e entrei na Ledicia, xa unha orquestra grande con metais na que pouco a pouco empecei a facer os meus primeiros arranxos e a interesarme polos sintetizadores e a informática musical, combinando a orquestra con traballar de dependente en unha tienda de música (Jolper Música) e continuei os estudios no conservatorio de Ourense e música moderna con Suso Atanes en Santiago

Unhos cuantos compañeiros de Ledicia decidimos no 1993 fundar unha nova orquestra que se ía chamar Guayaba para acompañar a un showman cubano que viña de xira por Galicia que se chamaba Barry Tatica e as súas bailarinas. En esta orquestra aparte de fundador fun director musical e arranxista. Tivemos moito éxito, incluso despóis de que Barry Tatica rematase a súa xira a orquestra continuou catro anos máis acompañando a cantante galega Sabela e facendo algún programa na TVG como “Esta noite festa” presentado por Francis Lorenzo. No 1998 desfixemos Guayaba e a maroía dos compañeiros voltamos para a orquestra Ledicia espectáculo que daquela xa tiña catro cantantes e duas bailarinas donde estou ata ó 2002. 

En 2003 chamáronme de un grupo portugués (quizás a mellor orquestra de Portugal) que se chama Funcão Públika, foi unha experiencia totalmente diferente ó que estaba acostumbrado, o grupo tiña xa daquela unha montaxe espectacular levaba dous trailers, video-walls, pirotecnia etc., o repertorio era moi diferente o que tocan as orquestras galegas. Só estuven un ano pero recorrín todo Portugal dende o "Algarve" a "Tras os montes" quedei encantado de como me trataron os portuguesas e da experiencia tan maravillosa que foi. No 2004 volvín para a orquestra Ledicia (a miña casa) outra vez como arreglista e director musical onde estuven un ano máis con unhos músicos maravillosos e amigos
En 2005 decido deixar as orquestras e fago varias composicións para algunhas cadeas de televisión, fondos musicais e sintonías para programas como " O Sabichon" (tvg) "El pecado original" (tele 5) e empezo a traballar en Auria TV (Ourense) pensando en xubilarme alí. Durante ese ano recibín moitas chamadas de orquestras invitándome a facer parte delas e sempre lles decía que non, agradecialle a chamada e por suposto preguntaba de qué orquestra se trataba, por curiosidade. Ata que un día me dixeron que o nome da orquestra era "Los Satélites" entón pensei seriamente en volver, é como si xogaras o fútbol toda a vida e unha vez que decides deixalo chamante do real madrid, non podía decir que non. 

Empecei en Los Satélites no ano 2006 como pianista e facendo os arranxos da orquestra. Cando entrei preguntáronme de ónde era e cando dixen que era de Viana do Bolo dixéronme que un dos saxofonistas da orquestra tamén era de alí, a verdade penséi que estaban equivocados, cómo iba a haber un de Viana e eu que levaba toda a vida nas orquestras non coñecelo. Pois estaban no certo, o saxofonista Aldo García era de Viana, máis concretamente de Seoane de Arriba aínda que nacido e criado en Marsella (Francia) viña tódolos veráns a Seoane e veuse para España definitivamente con 26 anos. Todo un mestre do saxofón clásico con varios premios a nivel europeo. Para min foi toda unha honra coñecelo, compartir escenario, vivencias e aprender un montón de este gran músico e persoa. 

Dende que nos coñecimos non nos separamos, estuvemos xuntos en Los Satélites oito anos dende o 2006 hasta o 2014 e na actualidade os dous facemos parte da orquestra Los Trovadores e seguimos presumindo de Vianeses sempre que temos ocasión alá por onde imos. 

Comentarios

  1. K gran traxectoria musical levas e ainda es un chaval, ainda che queda moito...
    Lembrome dos galochos famosos, k tempiños creo k unha das primeiras actuacións fora no restaurante as telleiras na boda da concha da gasolinera+Castaño. Moitas felicidades trastoi pequeño.

    ResponderEliminar
  2. Non teño nada mais que engadir, dixéchelo todo Ti

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. Grande Xuliño coma músico e coma persoa, os vianeses somos así, presumimos de vianeses e galegos fora da noso curruncho, sempre dinde a humildade porque iso e o que nos fai ainda mais grandes.Unha moi forte aperta i noraboa o creador de ista fermosa revista dixital, moi longa vida e saudiña.

    ResponderEliminar
  5. Moitas gracias por a parte que me toca, dixéronme que eres moi bo escribindo, tes as portas da revista abertas por se queres colaborar algún día, estaria encantado de que o fixeses

    ResponderEliminar
  6. Inconmensurable Xulio!! Y o que che queda...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixe a súa opinión

Entradas populares

Vistas de página en total