Traductor

¡Ortigas! Sorprendete

Artigo de la Voz de Galicia
Probablemente a moitos lle sorprenda que con plantas silvestres como a ortiga póidanse facer auténticas virguerías culinarias. Tamén é posible que se pregunten se non pica cando leva á boca. Todas as incógnitas sobre o uso desta planta, da familia da Urtica, explícaas Luz Divina Castelo, responsable dunha empresa do municipio lucense de Vilalba que se dedica ao cultivo da ortiga e que utiliza esta planta como produto imprescindible para elaborar todos os seus pratos. «Antes de envasala e de levala á boca, a ortiga pasa por varias augas para sacarlle o seu intenso sabor. A continuación se escalda a unha temperatura máxima de 100 graos e unha vez pasado este tratamento é cando se lle retira o picor», explica Luz Divina, quen asegura que ata que se escaldan, pican.


Como mostra de que as ortigas son todo un manxar na cociña, esta vilalbesa prepara dúas receitas. Moi saudables, moi sinxelas de elaborar e recomendables para a cea. E adianta: «A quen lle guste as espinacas, gustaranlle as ortigas».

Seducir padais
Para abrir apetito, esta empresaria vilalbesa opta por cociñar unha suave crema de ortiga e de segundo prato elabora un revolto de ortiga con boletus, estes últimos tamén cultivados na súa leira particular. Para beber preséntanos unha cervexa de ortiga e de sobremesa sorpréndenos cuns bombones de chocolate recheos de crema de ortiga e un licor desta planta.

Crema
Para preparar a crema necesítase: allo, cebola, pataca, auga, aceite e ortigas. «Férvense todos os ingredientes mesturados na cazola, botamos un chisco de sal, pasamos todo pola batidora e listo para comer».

Revolto
En canto ao revolto, basta cun chisco de aceite de oliva, allo, boletus, dous ovos e ortigas. «Dóuranse os cogomelos mesturados con allo, engádense as ortigas, rompen os ovos na tixola e en cinco minutos, prato preparado».

Luz Divina está convencida de que atravesamos un momento bo para exportar todos os produtos novos do mundo rural, tales como a ortiga. «A nivel culinario a xente está para probar produtos rurais e sacalos ao mercado move ao consumidor», opina. Ademais está convencida, que se o produto está escrito na carta do restaurante, ao final o cliente acaba copiando e innovando co mesmo nos seus menús caseiros.


Esta vilalbesa considera ademais que a ortiga é un produto cento por cento natural, que non necesita de moito coidado, que ten moitas vitaminas e que nace porque ten todas as propiedades do campo, por iso reprodúcese sen a necesidade de abonos nin fertilizantes. «A finais de xaneiro segámolas. Entre os meses de maio e xuño cortámolas. Poñemos dobre luva para non picarnos e pasámolas por varias augas. A continuación as escaldamos a unha temperatura máxima e xa están listas para envasar», explica Luz Divina, quen valora a facilidade de traballar con esta planta que necesita de moita humidade para cultivarse.

Déixovos unha ligazón para que vexades algunhas das cousas que se poden facer coas ortigas
Enlace

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total