Traductor

"The Rebel" Opera Rock-Folck

The Rebel” é unha ópera folk-rock creada por Miguel e Iván Caride, pai e fillo Ourensanos, na que tamén están implicados diversos artistas nos campos da música, teatro, cinema, artes gráficas e creatividade dixital, co fin de integrar distintas disciplinas artísticas nun único e ambicioso proxecto.


A ópera vira ao redor de figura de Padraig Pearse, líder do Alzamento de Pascua que tivo lugar a partir do luns 24 de abril de 1916 coa toma da Oficina Central de Correos de Dublín onde o protagonista leu a Declaración de Independencia de Irlanda. Tras este feito as tropas británicas asediaron aos rebeldes que cinco días despois tiveron que renderse.
Miguel e Ivan Caride
Patrick Henry Pearse, máis coñecido polo seu nome en gaélico Padraig Pearse, foi un avogado, político, xornalista, profesor e poeta. Tiña un irmán máis novo que el, chamado Willie, que era escultor e residiu por un tempo en Paris.
Padraig Pearse, o seu irmán Willie e os líderes do Alzamento foron xulgados en senllos Consellos de Guerra, condenados á morte e, finalmente, executados.
No caso de Pearse, foi sometido ao Consello de Guerra o día 2 de maio de 1916, condenado á morte e executado ao alba do día seguinte, o 3 de maio. Desde a súa cela, Pearse escribiu unha carta á súa nai, Margaret-Brady Pearse, contándolle o acontecido. Dita carta foi interceptada polos soldados ingleses e utilizada como proba de cargo contra el no xuízo. Ante o Tribunal que o xulgou, Pearse pronunciou o seu último discurso, un discurso épico no que dixo: “unha noite, cando tiña dez anos, me arrodillé diante da miña cama e prometín a Deus que dedicaría a miña vida para loitar pola liberdade da miña pais”

Nas horas que transcorreron entre o xuízo e a execución, na cela da prisión de Kilmanhaim, en Dublín, Pearse escribiu dous poemas, “The Wayfarer?”(“O camiñante”, unha reflexión sobre a beleza da vida que está a piques de perder e “The Mother” (A nai), un último pensamento cara á persoa máis importante da súa vida: “Señor, es tan duro coas nais, sufrimos cando os traemos ao mundo pero moito máis cando nolos levas”.
Neste ano 2016, Irlanda celebra o centenario deses acontecementos cos que comezou a cambiar o curso da súa historia. Pero máis aló do feito histórico en si, máis aló da historia épica de dáa loita pola independencia, o Alzamento de Pascua é un fito romántico onde os haxa, unha historia de fortes sentimentos.
O proxecto “The Rebel “ “Ou Rebelde”quere profundar neses sentimentos: a terra, o amor, a paixón, a coraxe, a valentía, o patriotismo, a enteireza, o medo, a tristeza, sentimentos que se pretenden transmitir mediante a música, a poesía, o teatro e o cinema.

MUSICA
Miguel Caride e Iván Caride compuxeron unha hora de música que percorre diferentes estilos, desde o clásico, o folk, o jazz ou o rock. Pezas instrumentais e pezas vocais que constitúen o fío condutor da historia e que pretenden debuxar paisaxes, desde o sombrío da prisión ata o verde da campiña irlandesa ou a elegancia dun París onde estudou Wiliam Pearse. O artista gráfico galego Mon Devane deseñou a portada, libreto ou maquetación do disco CD contendo a música do proxecto.
CINEMA
Baixo o mesmo título “The Rebel” rodouse, con localizacións en Goián (Pontevedra) e o Mosteiro de Oseira (Ourense), unha curtametraxe de ficción.
ESPECTACULO
Para levar esta historia aos escenarios, deseñamos un espectáculo composto de música en directo, teatro e cinema.
O espectáculo comeza co discurso que Pádraig Pearse dirixe ao tribunal que o está axuizando. Un discurso épico, sentido e cheo de emoción, que vai acompañado de música orquestral. Acto seguido, o xuíz dita sentenza de morte e Pearse é levado á prisión de Kilmanhaim, onde pasa as horas nunha cela esperando a súa execución. Neste tempo, reflexiona sobre a vida e a morte, sobre o seu destino nesta vida, sobre os acontecementos que lle conduciron a esta situación, sobre o seu irmán e sobre a dor da súa nai. Escribe os dous poemas “The Mother” e “The Wayfarer” e, finalmente, é executado.
O teatro ineractúa con proxeccións cinematográficas de distintas escenas do curto e se intercala entre as actuacións en directo da banda, que se cerá acompañada dun espectáculo de luces, proxeccións e diversos efectos visuais e sonoros.
Video

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total