Traductor

Suxerencias dos veciños de Viana

Despois da reportaxe que fixemos sobre as bandas de freado na rúa do Toural, recibimos opinións case todas a favor da iniciativa.
Mesmo hai veciños que nos dixeron que era unha petición que hai moito tempo que pediran, comentáronnos a velocidade excesiva á que van moitos coches por esa rúa, tendo en conta que por aí baixan e soben os alumnos do instituto ademas de ser unha zona por onde pasea moita xente.
Outro dos comentarios que nos fixeron os veciños é que na travesía, que discorre por todo Viana, hai uns puntos segundo eles nos que se deberían poñer estas bandas tambien.

A continuación vóuvolos a detallar



Estrada da Rúa donde o instituto
Paso peatonal cruce estrada San Agustin


Paso peatonal ambulatorio
Paso peatonal entrada a la Plaza Maior

Saida da rúa das Mazairas donde a cabina
















































Paso peatones en CEIP Bibei
















Estes son os puntos onde me indicaron os veciños que se deberían poñer as bandas de freado, comentáronme que nesa travesía xa houbo moitos sustos, que os coches e sobre todo os camións pasan a mais de 70 na travesía dun pobo onde esta limitado a 50.
Aí deixámolo por se o concello quere tomar nota das suxestións dos veciños

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total