Traductor

Basílica de la Ascensión, Cripta y Forno da Santa

Roteiro Arqueolóxico do Museo Vivo de Armea 

No lugar de Augas Santas, moi preto do santuario, atópanse os restos inacabados dunha basílica románica do século XIII que se construíu probablemente para conservar e enxalzar o que esconde no piso inferior da cripta que podería ser unha sauna ou un forno prerromano, ligado ao veciño castro de Armea. 


Moitas veces a cripta é coñecida e chamada como Basílica da Asunción pero realmente o seu nome es Ascensión e por iso celébrase a procesión este día. Sobre a construción da basílica pouco sábese, pero dise que foron os templarios quen inciaron a súa construción, quizais para protexer ese “monumento” que se atopa debaixo. O máis probable é que sufrise un intento agresivo cristianizador dun culto pagán, pero a súa construción frustrouse e os motivos non os sabemos. É probable que a atención se dirixise ao vecino Santuario de Augas Santas onde se supón que están as cinzas da santa e por iso a finalización da basílica carecería de sentido ao perder os ritos pagáns que seguramente “Ou Forno” albergaría.

A basílica ten forma de cruz para acoller as escaleiras que baixan á cripta. Esta foi construída con algúns sillares da veciña vilagalaico-romana. A cripta alberga espazos ben diferenciados. Unha zona construída como antesala na que existe unha pila labrada na roca, diversas canles, un altar e varias tapas de sartegos medievais. Ao interior tan só penetra a luz que se coa por unha pequena xanela que se localiza por encima do altar. Esta antesala atópase separada por unha suposta "Pedra Formosa" que diferencia as dúas salas de diferente antiguedad (una do século XII e outra do século VI ou VII). Máis ao interior atopamos o "forno" ou "fornalla" que xa podería considerar de orixe prerromano e englobada dentro da cultura castrexa.

A funcionalidade dos "fornos" non está aínda claro e hai varias hipóteses que tentan explicar o seu uso. Por unha banda cóntase que poderían ser saunas castrexas aínda que esta hipótese cada día está menos clara. Outros tentan explicar un uso como forno, mesmo para queimar corpos humanos, dentro dun concepto relixioso. Tamén se fala dunha funcionalidade para algún tipo de rito iniciático, de aí as profusas descoraciones nas “Pedras Formosas”. Sexa o que fóra é moi probable que este forno funcionase ata pasado o século VIII ou quizais ata a construción da basílica. A favor da hipótese do forno aquí, en Augas Santas, temos o precedente da tradición oral, na cal se fala de que Santa Mariña foi queimada dentro dun forno que os veciños ben sabían cal é. 

A basílica coa cripta forman parte dunha ruta arqueolóxica que engloba varios xacementos históricos e naturais todos eles relacionados coa Santa. É moi probable que a lenda da santa xurdise sobre o século XI ou XII e que fose unha estratexia para desviar os ritos pagáns que alí se realizaban. De boto unha das primeiras mencións da santa mártir galega é no século XI. 

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total