Traductor

Adios al tabaco ¡SE PUEDE!

Vou contarvos a miña experiencia persoal co tabaco por se vos serve a algun@ de axuda, eu deixe de fumar 15 días antes da miña voda no ano 1986.
O porque o deixe non o se moi ben, simplemente un día levánteime e dixen basta vou deixar de fumar, me esta prexudicando eu notábame que me sufocaba cada vez mais. Propúxenllo á que entón era a miña noiva e estivo de acordo en deixalo os dous.



A verdade páseo fatal entre o mono do tabaco e os nervios da voda non se como aguante, quizais tamén inflúo que estaba moi atareado cos preparativos, o caso que cando mais empezaron as ganas foi ao cavo de tres ou catro días, pero entón dicíame despois de pasar tres días non vou caer outra vez.

Teño que dicirvos que a miña estratexia para deixar de fumar, unha das cousas era ter un paquete de fortuna enteiro na miña casa e cando o mono era moi forte mirábao e dicíalle non vas poder comigo. Chego o día da voda e ese día se que o pase mal, xa vos imaxinardes que con todo o mundo ao redor fumando subíame polas paredes, ademas descubrir que a que xa era a miña muller enganárame e ela non deixara de fumar, fumaba ás agachadas.
Aínda así conseguir deixar de fumar estiven 12 anos sen fumar, pero cando naceu o meu segundo fillo coa alegría díxenme inxenuo do meu, vou fumarme un purito para celebralo, nefasta decisión, mais tarde me dei conta que deixar o tabaco é como os que deixaron o alcol non poden volver tomalo.
Empece a poñerme as escusas de fumador “Eu controlo“ “Cando Queira déixoo“ “Vou fumar só un ao comer e outro pola noite” , todo mentiras, como xa vos dixen empece cos puritos, unha caixa tres días, pois xa pase a unha caixa dous días, unha caixa cada día e despois aos cigarros. Acabe cun paquete e medio ao día, así me tire 12 anos mais ou menos ata que á miña muller deulle un Ictus Isquemico (é unha especie de derramen cerebral).
Páseme un mes e medio no hospital de Ourense e os intres que tenia para fumar cada vez eran menos, tenia que estar pola miña muller que tiña o lado esquerdo paralizado, cando xa lle deron o alta ela por suposto estivo un tempo ingresada sen poder fumar, entre iso e o que lle dixeron os médicos que un 60% da culpa do Ictus era do tabaco, ela déixoo para sempre polo momento.

Eu seguín fumando por un tempo mais, ata que ela díxome un día deixa o tabaco por favor, por ela propúxenme por segunda vez deixalo e de momento conseguino levo 6 anos sen fumar.
Segundo a miña experiencia todo o que nos queren vender de parches de nicotina de sprays de chicles ou os cigarros electrónicos non valen para nada só para gastar diñeiro, se o teu non te expós ¡¡Vou A Deixar !! nada diso funcionás é única e exclusivamente a túa mente e a túa vontade, é proponertelo se eu e podido dúas veces a tú tamén podes, só tes que deixar de poñerche escusas e tirar para diante.
Tampouco che vou a enganar costa, hai momentos que che subirás polas paredes, estarás nervioso de mal humor, pero aos poucos iso vaise pasando, estarás unha tempada ás veces larga en que aínda che apetecerá fumarche un cigarro sobre todo despois de comer ou en reunións, pero acábase pasando ata esas ganas.
Chega un momento que ata o cheiro do tabaco moléstache e entón dis como podía eu fumar isto.

Non vos vou a dicir todo o que leva un cigarro ou como curan o tabaco xa o dixeron bastante na publicidade, pero eu que e estado nos dous bandos, fumador e non fumador o meu consello é que volo propoñades, primeiro pola vosa saúde e segundo non vos dais conta que o gobernos vos prohibe fumar cada vez en mais sitios, pero o tabaco non o quita, é moito diñeiro o que saca do.

Espero que este articulo sírvavos de axuda.

Comentarios

  1. Yo lo intente pero no pude, ahora fumo mas

    ResponderEliminar
  2. Non perdas a forza e sigue insistindo costa un pouco pero e posible deixalo

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixe a súa opinión

Entradas populares

Vistas de página en total