Traductor

¿Se Podria facer algo nas Telleiras?.

Temos aquí moi preto de Viana, a tiro de pedra como se adoita dicir, un lugar para pasar uns días ou unhas tardes fantásticas, ir de merenda, ir de pesca, a pasear, imos pasalo ben.
Pero por desgraza esta descoidado, se me refiro as Telleiras, arriba o miradoiro esta feito un desastre, cheo de porcallada, os acceso están en mal estado.
Gustaríame lanzar unha pregunta ¿Se Podria facer algo nas Telleiras?.
Para melloralo para nós e para a xente que nos visita, hai anos falar de facer unha praia fluvial, tróuxose area ata alí pero non se para que, gustaríame saber se algún tedes unha idea ou proposta para facer alí, para que podamos gozar plenamente dese sitio.
Eu coñecíao pero hoxe descubrino con outros ollos, os de Ortiz e quedei fascinado co lugar.
Se tedes ideas deixarmas nos comentarios da revista para que toda a xente que a ve poida velos e poidan participar eles, hai moita xente que ve a revista e non os teño en Facebook.
Grazas
Déixovos unhas magnificas fotos do Lugar cedidas por Ortiz


Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total