Traductor

Aparece morta unha muller na súa vivenda na Rúa

Efectivos de emerxencias localizaron na mañá deste luns o cadáver dunha muller, Avelina A., duns 64 anos de idade, apareceu morta na súa domilicio esta mañá, concretamente no número 24 da rúa San Roque, na Rúa Vella, despois de que unha veciña alertase á Policía indicando que facía dous días que non vía á falecida.


Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil, un forense para certificar a morte e o xuíz, a fin de proceder ao levantamento do cadáver. Tamén a Policía Local da Rúa e a propia alcaldesa, María Albert.

Os primeiros en chegar ao lugar foron os efectivos da Policía Local que, tras chamar ao timbre e non obter resposta, entraron na casa e localizaron á muller caída no chan e falecida. A Garda Civil, a iniciado unha investigación.


Aínda que será a autopsia a que determine a causa da morte, fontes do operativo confirmaron que a principal hipótese que se baralla é unha caída accidental, dado que non se atoparon signos de violencia no domicilio. De feito, segundo manifestaron fontes veciñais, a muller presentaba sangue na cabeza. A muller, que vivía soa, padecía varios problemas de saúde.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total