Traductor

O Castro

O primeiro sitio que quero incluír en Galicia Maxica é o pobo da miña muller un sitio que coñezo moi ben “O Castro”, é unha aldea moi pequeniña pero con varias peculiaridades, a primeira e mais importantes é que enfronte do pobo hai un castro celta, pódense ver aínda parte da súa muralla e no castro a mocidade do pobo descrubrio hai moitos anos parte dunha das chozas que compoñían o castro.
Tamén atoparon unha moeda que mandaron a Madrid para que lle investigasen e aínda hoxe despois de mais de 30 anos aínda están a esperar a contestación. 


Preguntárdesvos porque o inclúo na Galicia Máxica, vóuvolo a explicar. Hai moitos anos subín ata o castro que por certo non o escavan porque segundo algúns listos que hai por aí é un castro menor e non merece a pena, eu creo que dicir iso é unha bobada, creo que todo o das nosas orixes merece a pena e é de interese e mais nunha zona como a de Viana onde temos turismo.

O que se eu se seguro é que cando estiven alí arriba e entre na choza que estaba descuberta, senteime no chan e puiden percibir a enerxía que alí desprende a terra, unha enerxía que che transmite paz interior, pero o mellor foi ao baixar, á beira dereito do castro vese como un arco, tapado por rocas, terra e cascallos, pero ten unha forma moi especial e é coma se fose a entrada a algunha cova.

Os nenos do pobo cando subían alí a xogar, buscaban o tesouro do que falaban os maiores por suposto e sen darse conta destruíron parte da muralla, pero aínda que non atoparon nunca o tesouro na parte alta da montaña onde esta situado o castro hai un buraco e contoume a miña muller que tiraban pedras polo e oíase coma se fosen dando votes por unha escaleira.

Diredes que son cousas de críos, quizais, pero o que si que vos aseguro é que esa montaña é especial, é un centro de enerxía dos moitos que hai en Galicia.

Como poderedes deducir, sobre esa montaña hai unha chea de lendas e todas so “Os Mouros”, unha delas conta que viñan en dirección á Gudiña e ao dar a volta ao castro nunha hendidura que hai entre esa montaña e a de á beira desaparecían eles e os seus cabalos, que polas noites oíanse teares dentro da montaña, tecendo toda a noite

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total