Traductor

A "Beltane" Celta en Manzaneda

Artigo La Región

A estación de montaña recupera a “Beltane” celta

A festividade celta Beltane non desapareceu na estación de montaña de Manzaneda. A dirección ultima os preparativos da edición deste ano, a segunda que organiza. Desenvolverase entre o 8 e o 10 de xullo e os visitantes poderán atopar xogos, excursións e música.


Os inchables e un mercadillo contribuirán a animar o ambiente da estación de montaña, o mesmo obxectivo que perseguen as exhibicións de drons, falcóns e doutras aves de presa.
O val glaciar das Aguilladas, cuxa antigüidade foi calculada entre 13.000 e 16.000 anos e que permite contemplar unhas paisaxes espectaculares, será o destino da ruta guiada de sendeirismo.
Á súa vez, os afeccionados aos videoxogos poderán anotarse ao torneo Beltane Summer Cup-FIFA 16. Os mellores serán premiados, recibindo o gañador unha Play Station PS4.
O capítulo musical abrirao o día 8 a banda local Cuchufellos, nun concerto que foi incluído na xira 25 aniversario do conxunto. Unha vez finalizada a súa actuación chegará a quenda do DJ de Danzalia.
Para o día seguinte, a organización programo o concerto de Doctor Queen, o único ao que se poderá acceder gratis da súa xira galega. Este grupo é considerado por moitos melómanos como a mellor banda tributo do mundo, recreando a banda que encabezou o falecido Fredie Mercury: Queen. Os rueses Placeres Solitarios serán os teloneiros e, unha vez finalizados os dous concertos, actuarán novamente os DJ de Danzalia.
Durante todo o fin de semana, os visitantes dispoñerán dos servizos habituais da estación de montaña: restaurante, autoservizo, cafeterías, piscina/spa, e aloxamento, entre outros.

A organización tamén preparou unha zona de acampada gratuíta e autobuses desde Ourense, O Barco e A Rúa.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total