Traductor

Grand Prix Race Edition na Veiga

Delfin Garcia 26/06/2016 08:40

Onte sabado desenvolveuse a proba do Grand Prix Race Edition na Veiga ao redor do seu encoro, a saída estaba no concello e a chegada, na praia dás Chairas onde estan as duchas e os vestiarios.


A proba esta organizada por QualitéSport coa colaboración da Deputación Provincial, constaba de diferentes probas,algunhas na auga, pasar por aros, subir ramplas, etc. O percorrido 6 Km e 21 probas/obstáculos a superar. En caso de fallo ou non poder superalo, a penalización do equipo eran de 20 sentadillas, que cada "Shériff" de proba/obstáculo encargarase de contabilizar, o percorrido combinaba obstáculos naturais e artificiais con probas de equilibrio, habilidade ou axilidade mental.

"Impresionante!". Este cualificativo foi o elixido por unha compoñente do equipo "Espartanos Ourensáns", nada máis finalizar o percorrido de cinco quilómetros, sementado de dificultados. Saíu desta competidora anunciar que volverá desprazarse ata A Veiga para competir na próxima edición do concurso. Este entusiasmo xa se viviu momentos antes de iniciar a competición. "Vimos para pasalo ben", comentaba un integrante do equipo rues, Rafael Fernández. "Somos asiduos ás carreiras de obstáculos e para unha que hai na provincia, aquí estamos. Vimos para pasalo ben e gozar "dixo "Witch", competidora de Espartanos Ourensáns.
Un total de 15 equipos participaron nas probas, habia equipos de Ourense, Pontevedra, Asturias, O Barco, O Bolo, A Veiga e Viana do Bolo



As saídas foron as seguintes:

16:30 – A Santa Compaña da Rúa y Espartanos Ourensanos
16:45 - Escarallaberzas Verín y Ourense Judo
17:00 – Pontevedra Los Vengadores y Movimiento Ourense
17:15 – Do Bolo Os Furabolos Inicial y Avilés Club Oscar Fernández
17:30 – A Veiga Juniors, O Barco Adas-Proinor y Viana do Bolo Lamalonga & San Miguel
17:45 – Cangas Do Morrazo y Ourense Rockystars
18:00 – A Veiga Top 10 y Edrada Viana do Bolo
18:15 - Special Wang A Veiga

Los tres primeros clasificados fueron:

  1. Pontevedra Los Vengadores con un tiempo aproximado de 37 minutos
  2. Aviles Club Oscar Fernandez con un tiempo aproximado de 40 minutos
  3. O Barco Adas - Proinor  42 minutos
  4. Cangas do Morrazo con un tiempo aproximado de 43 -44 minutos
Gañaron Os Vengadores de Pontevedra, formado por soldados da Brilat. Na Veiga fixeron valer a súa excelente preparación.

Se alguén esta interesado en saber, o tempo empregado no percorrido dalgún dos participantes en especial déixovos unha ligazón para que o mireis AQUI



Si os interesa alguna foto podéis descargarlas

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total