Traductor

A Lenda de Santa Mariña de Augas Santas

Contan os máis lanuxes que era Mariña unha fermosa rapaza, filla dun gobernador romano de A Limia, de esclarecido linaxe, e tal vez sacerdote pagán. Non tiña máis que esta filla e esta quedou orfa de nai, a cal debeu morrer ó dar a luz ou pouco despois do nacemento de Mariña. 

Segundo a lenda o pai entregou á nena ós coidados dunha criada campesiña cristiá que educou a Mariña nesta fe. Cando o pai se deu de conta das crenzas da súa filla, repudiouna e abandonouna ó seu destino na aldea da súa coidadora. Mariña adicábase a saír coas ovellas ó campo, e namentres pastaban, ela sentada tecía baixo un carballo. Un día o prefecto romano Olibrio, dende o momento que a viu, tan moza e fermosa, namorouse dela e intentou seducila, aínda que sen éxito. Non acostumado a ser rexeitado, indignado e coñecedor da fe cristiá de Mariña, tentou de persuadila para que renegase das súas crenzas. Olibiro decidiu, entón, levar a moza con el ata o castro de Armea co fin de pechala ata que se prestase a atender as necesidades do prefecto e renunciase a súa fe. Ó ver que non conseguía os seus propósitos, intensificou os tormentos que infrinxía a Santa Mariña ata que a moza quedou exhausta. Olibrio chegou ó extremo de intentar queimala na cripta e afogala, intentos que milagrosamente foron infructuosos, din que por obra do propio San Pedro. Ante esta situación, o romano decidiu decapitala, no lugar onde a día de hoxe está o templo. Cando o verdugo cortou a súa cabeza esta caeu dando tres saltos no chan mentres pronunciaba tres veces a mesma palabra; CREO. Nese mesmo instante xurdiron tres fontes na zona do Santuario que hoxe manan no lugar. 

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total