Traductor

Perigo alto de incendios forestais

Mañá, día 1 de xullo, comeza a época de perigo alto de incendios forestais, que se prolonga ata o 30 de setembro. Este período establécese a través dunha Orde da Consellería do Medio Rural publicada o pasado 13 de xuño no Diario Oficial de Galicia (DOG) e faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.


Esta norma determina que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

Polo tanto, quedan tamén prohibidas dende mañá as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Os permisos xa concedidos -e non executados- quedan en suspenso, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total