Traductor

Homenaxe o Castiñeiro

O oriente ourensán é terra verde e agreste onde crece abundante vexetación autóctona de monte baixo e árbores de gran prestancia que no verán dan os seus froitos e no outono tornan o chan en tapiz multicolor. De entre todos eles o castiñeiro resalta pola súa beleza e as súas moitas calidades. Se a súa madeira é moi apreciada polos ebanistas e escultores, a súa resistencia ao paso dos anos fixeron del que durante tempo fose a madeira preferida para as vigas das grandes construcións. 


Ata hai dous séculos, cando os nosos campesiños descubriron as patacas chegadas de América, as castañas eran o principal alimento da maior parte dos galegos. 

Unha proba disto é que cando modernamente fixéronse arranxos en casas vellas, detrás das paredes e en faiados aparecían cheas de cascas de castaña. E se repasamos os testamentos dos campesiños de hai anos, sempre aparecen castiñeiros no legado. O seu nome científico é Castanea Sativa. Chama a atención a variedade de nomes para designar ás castañas nos diferentes lugares de Galicia. En moitas comarcas ourensás ademais de castaña era "cogoxa", e o da súa casca, dentro do ourizo, "moiña". Hai polo menos sete variedades, cada unha co seu propio nome: "beleriñas", "crocas", "degaros", "escoloradas", "restelas", "restrellos" e "rosendas". E a lista de nomes seguía segundo o estado en que se atopasen. 

Así, as que caían dos ourizos chamábanse "degradas", "bagutos", "destelos" e "bolercas"; as verdes, "foludas"; cando estaban cocidas con monda, "rnarrnotas", "zonchos", "rnarnudas", "zarnelos" e "balocas"; cocidas sen monda, "burgazas"; asadas, "bullotes", "couchóns" e "carrolos", Mondar as castañas era "depenar"; varearlas para que caesen da árbore, "derrocar"; ir ao monte para buscalas, "asoutar": sacudir dentro dun saco para que soltasen a casca, "esfarraquear". E así ata setenta e seis nomees sobre o froito do castiñeiro. O camiñante que se penetre polos moitos "soutos" do oriente ourensán atoparase con castiñeiros centenarios, "caracochos" de formas caprichosas que, a pesar da súa fijismo, parecen estar atentos a que nada perturbe a quietude do bosque.
Aínda segue sendo hoxe una das fontes de riqueza desta zona, están a obterse actualmente subvencións para volver repoboar con castiñeiros.
En moitos fogares deste concello grazas ao que se saca da venda de castañas, é unha axuda para subsistir.

Manual de selvicultura delCastaño en Galicia

Cantigas ou Castiñeiro
Aquí témolo magosto
que viva a festa rachada
os meniños desta escola
farán hoxe a castañada

Señora María, señor Manuel
Castañas asadas, que saben moi ben
que saben moi ben, que saben moi ben,

Señora María, señor Manuel.
________
A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castaño embaixo
mira ti o que gañou.

___________
O carballo bota landras
e o castiñeiro ourizos
para ser muller casada
tes ben pouco xuízo 

________
Canta cuco, canta cuco
na galla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo á carpinteiro
________


Non chas quero, non chas quero,
Castañas do teu magosto,
Non chas quero non chas quero,
que me cheiran ó chamosco

_______
Santiña do Soutarelo
bota castañas embaixo
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo

________
Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño candil
acadochas no refaixo

_________
Mociños de aló arriba
videvos ó fiadeiro
que vos hei de dar castañas
cando eu seña catiñeiro

__________
Miña nai, doime a barriga
-Miña filla, confesión.
As castañas que comiche
¿de qué castiñeiro son?

__________
A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!
____________

Castañas asadas
e viño con mel;
e a miña señora
detrás do tonel.

____________
Moza que estás no canizo
Bota castañas abaixo,
Anque non teña madil
Acadochas no refaixo.

____________
Monxe que estás no canizo
Tira castañas para baixo,
tírame das máis grandiñas
que as pequenas non me baixo.

____________
Acabáronse as vendimas
E veñen as esfolladas,
Para comer coas mozas
Catro castañas asadas.

REFRÁNS:
Castañas, noces e viño, fan as delicias doSan Martiño

Polo San Martiño, atesta o viño, deixa a auga
e come castañas e viño

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total