Traductor

Novo deposito de auga na Gudiña

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará máis de 300.000 euros a renovar parte da rede de abastecemento e a construír un novo depósito de auga no concello da Gudiña.

Así se recolle no convenio asinado pola titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, José María Lago.
En concreto, os traballos incluirán a construción dun novo depósito de auga de 500 metros cúbicos que permitirá solucionar o problema de abastecemento do polígono industrial. Ademais, executarase un tramo novo de rede de 492 metros de lonxitude para conectar o depósito que xa existe, de 250 metros cúbicos, ao polígono industrial. Ao mesmo tempo, cambiárase a deteriorada rede actual por unha nova ao longo de máis de 3.000 metros.
Logo de rematadas, estas obras darán servizo a unha poboación 812 habitantes.
A rede da Gudiña presenta actualmente certas deficiencias pola súa antigüidade, aínda que xa se foron realizando melloras nas captacións e noutras partes da rede. No poligono industrial non teñen auga actualmente, utilízana de pozos particulares

Esto esta, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total