Traductor

Recuperando as nosas Tradicións

Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, leva 15 años recopilando vellos cantares en pobos das comarcas de Valdeorras e  Viana coa finalidade de elaborar un cancioneiro da zona, concretamente un  por cada concello.
Cada cancioneiro consta de cantares de moitos pobos dunha amplia franxa xeográfica, dendeLardeira (Carballeda) ata o último pobo de Petín o A Veiga, ademais da citada comarca de Viana. E cada cantar leva letra e música.


Os cantares son a historia viva dos pobos”, dí Foxo moi satisfeito deste laborioso estudo de recopilación e investigación.  Relata que Valdeorras é unha zona moi rica  en cantares e cré que “iste vai ser un traballo importante para a comarca e o seu entorno”.
Neste momento, é o de Carballeda “o que está prácticamente rematado mentres que nos outros concellos, os cancioneiros os levo algo máis atrasados”.
Este mestre da música e da gaita, que conta cunha popularidade e traxectoria xa recoñecida en Galicia e fora das súas fronteiras, conta que “os cantares forman parte da nosa cultura.  Nos cancioneiros recopílanse cantares de Reis, de Nadal, de Entroido… e moitas coplas de cego que perviven na memoria dos maiores”.

Un dos pobos que califica de moi interesante é Outardepregos (O Bolo) pois os veciños desta localidade lembran moitos cantos, principalmente as coplas de cego. “Hai xente que vivía aiquí durante o inverno e no verán desprazábase para cantar por toda España. É moi curioso como a música de aiquí se exportaba ca voz dunha muller cega, que sempre levaba un acompañante cantora.  A cega de Outardepregos xa non vive, pero, por sorte,  sí as  persoas que acompañaron  no pasado e por iso recollín nese pobo moito material”.

Argumenta que isa muller cega iba por toda España como outros tantos cegos que se gañaron así a vida. “Hai outro cego na zona de Quiroga (Lugo) que tamén ía cantar a Andalucía e que deixou un importante legado. Precisamente, o Cancioneiro de Quiroga ten 300 páxinas e 4 CDs e será presentado no Filandón do Courel o próximo 7 de agosto”.


Foxo sinala que as coplas de cegos falaban de crímenes, “algo que gostaba e vendía moito”, liortas e actos luctuosos, entre outros temas. Estas coplas existen dende tempos inmemoriais, e difundíronse moito a partires da creación da imprenta. De feito dicíase que eran a literatura dos pobres, e que os libros eran a literatura dos ricos. E funcionaron moito despois da Guerra Civil”.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total