Traductor

Peligro en Viana do Bolo

Un vello depósito de pneumáticos usados, situado nun terreo de titularidade municipal na zona posterior do campo de fútbol das Carrelas, preocupa seriamente aos veciños do Concello de Viana, que goberna o nacionalista Secundino Fernández Fernández. O seu temor non é de agora, hai anos que o vertedoiro esta aí, os veciños da zona en especial queixáronse varias veces.

O tamaño do vertedoiro vianés non é tan grande como o do madrileño de Seseña, que ardeu vai pouco pois fontes próximas ao Concello estimaban que contén algo máis de 100 toneladas de pneumáticos. Este dato sábese porque ao actual alcalde Secundino e o seu equipo de goberno no concello estiveron a contactar con empresas de reciclaxe de pneumáticos e unha delas cargo un camión bañeira para facer o calculo dos pneumáticos que podería haber no vertedoiro e levaron eses pneumáticos.
Os orzamentos que lle deron á alcaldía eran moi altos e esta non podía asumilos actualmente . A pesar diso, este volume non deixa de ser moi preocupante, sobre todo pola súa proximidade ás casas da vila e porque se atopa á beira dos dous depósitos que abastecen de gas urbano á poboación.
Este é un problema que non é actual xa vén de moi atrás, co anterior alcalde, xa estaba este vertedoiro e os grupos de oposición advertíronlle ao anterior alcalde do perigo do mesmo, tanto BNG como PSOE dixéronlle ao PP que era o que gobernaba, a súa preocupación por este vertedoiro.

Aínda así non só non fixeron caso se non que permitiron que se construísen os depósitos de gas á beira co beneplacito da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas que daba luz verde á instalación de dous depósitos aéreos de 33,6 metros cúbicos, cada un, en febreiro de 2007.
Unha simple malla metálica separa o lugar que ocupan as rodas das instalacións vianesas da empresa gasística Galp. Os veciños temen que esta protección non sirva de moito no caso de que os residuos comecen a arder. A chegada das calores estivais non fan senón agravar aínda máis a ameaza, pois os refugallos de caucho están amontoados nun lugar invadido pola vexetación, entre unha pista de asfalto e o peche posterior do campo de fútbol vianés. Os vehículos que circulan pola zona poden observar a maleza asomando entre os npneumáticos e unha simple cabicha arroxada desde un coche podería ocasionar unha catástrofe.

O actual alcalde xa estivo hai tempo en contacto coa Consellería de Medio Ambiente, da devandita reunión supoñemos que asumiran por parte de Medio Ambiente de eliminar este vertedoiro do mesmo xeito que van facer con outros de galicia.
As Somozas, que oscila ao redor de 100 Toneladas, os de Fene (1.000 toneladas) e A Laracha (35.000) toneladas). A Consellería de Medio Ambiente, que dirixe Beatriz Mato, sacou a concurso recentemente a eliminación destes tres depósitos coruñeses, asignando a esta finalidade unha partida inicial de 2,7 millóns de euros.
Veciños da zona comentáronme que están preocupados por ese vertedoiro, ademas por á beira do pasa un camiño que moita xente de Viana usa para ir pasear.
Estiven a falar cunhas mulleres que viñan de pasear por ese camiño e comentáronme que eses pneumáticos aí levan moitísimo tempo e piden que se tomen cartas no asunto e que a Xunta non mire para outro lado.
Outro veciño que paseaba pola zona díxome que non era culpa deste goberno municipal que xa cos anteriores xa estaba iso aí.
Todos os veciños cos que falei transmitíronme o mesmo que hai que sacar ese vertedoiro de aí e que están dispostos a facer o que faga falta para que o saquen.

Vídeo Denuncia

PINCHAR PARA VER EL VIDEO

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total