Traductor

2º premio no certame “Scratch Galicia Aprendo Programando"


Articulo de O Sil
Na mañá do sábado 25 de xuño, catro alumnos de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, recibían o 2º premio na categoría de Educación Secundaria no concurso “Scratch Galicia Aprendo Programando” enmarcado no Plan Proxecta da Consellería de Educación.


Gael Ferreiro, Tania RodrÍguez, Yoel Rodríguez e Alejandro García, dirixidos polo titor e profesor de Matemáticas, Juan López, “deseñaron un xogo interactivo a partires de destrezas de programación informática, baseado nun percorrido polo Camino de Santiago, que concluía, tras superar probas de habilidade, coa chegada á Catedral”, explican dende o centro educativo.



A entrega de permios tiña lugar nun acto celebrado no Auditorio de El Corte Inglés en Santiago de Compostela e “supón un pulo á promoción do uso didáctico das TIC que o centro vianés leva desenvolvendo nos últimos anos”, puntualiza o director, Carlos Ferreiro.
Fotos cedidas. 

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total