Traductor

Medio Ambiente dá Xunta desenténdese do vertedoiro de Viana

Esta mañá levantámonos con esta noticia no xornal LA REGIÓN

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rexeitou calquera responsabilidade e afirmou que a limpeza do lugar correspóndelle ao Concello, por ser da súa propiedade a parcela na que hai anos eran amontoados estes residuos.
Medio Ambiente remitiuse á Lei de Residuos de Galicia, engadindo que esta circunstancia xa foi trasladada ao Concello. A Consellería explicou que este caso é moi distinto ao dos tres depósitos de pneumáticos que eliminará cunha partida de 2,7 millóns de euros, Fene (1.000 toneladas), A Laracha (35.000) e As Somozas (100). A súa implicación xustificouna na relación que a Xunta ten con eses depósitos.


Ao cal o alcade de Viana Secundino Fernandez contesto:
"Non podemos asumir esa partida, pois nos deixaría ou orzamento moi tocado, mais é pouca cousa nos 2,7 millóns que a Xunta destina a outros vertedeiros, nalgún caso de titularidade privada".
Gustaríame aclarar algúns puntos respecto destas noticias:
  • Primeiro - A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas deu luz verde á instalación de dous depósitos aéreos de 33,6 metros cúbicos, cada un, en febreiro de 2007, cando o vertedoiro de pneumáticos xa estaba aí. Non se botaron os pneumáticos despois, xa estaban aí.
  • Segundo - O actual equipo de goberno do concello neses momentos denuncio a situación dese vertedoiro preto de onde se iván a poñer os depósitos de gas, e nos fíxoselles caso e se autorizou a colocación destes depositos.
  • Terceiro - Eu creo que se Medio Ambiente da Xunta destina un orzamento para retirar tres vertedoiros da Coruña, algúns de titularidade privada, por un importe de 2,7 millóns de €, non seria moito retirar catro cando o de Viana calcúlase que pode ter un custo de 30.000
  • Cuarto - O vertedoiro de Viana leva perigos asociados moi importantes, polo que eu creo deberíanse estudar os perigos a fondo, o de Viana esta en o centro urbano, con casas á súa ao redor e dous depósitos de gas de 33,6 metros cúbicos cada un a uns 100 metros mais ou menos e separados tan só por un valo metálico. Polo cal creo que o seu perigo, esta ben clara e non deberiamos esperar a que pasase algo, para non ter que dicir como en Seseña, como puido pasar isto. Agora teñen señores da Conselleria de Medio Ambiente de poñerlle solución, así como no seu día Industria cometeu o erro de permitir aí a colocación deses depósitos, agora vostedes pódeno arranxar.
  • Quinto - Explíquenme vostedes se hai dous Galicias una de Primeira e nós de segunda porque iso parece, se non porque aos vertedoiros primados non lles din aos donos que asuman eles os custos da retirada dos vertedoiros.

Non fagan disto unha cuestión política, eu creo que as persoas que vivimos en Viana do Bolo, só pedimos unha solución a este grave problema que temos, sexamos de dereitas de centro ou de esquerdas eu creo que a nosa saúde e as nosas vidas valen mais que todo iso.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total