Traductor

Pero ¿Onde esta a Verdade?





                      VS                     




Na Rexión de hoxe venres a saído unha noticia que é a contestación do PP de Viana do Bolo ás contas e declaracións publicadas polo actual alcalde do BNG Secundino Fernández, O titular é o seguinte:

"El PP dice que el alcalde miente con los datos del Entroido Vianés”

A noticia di que o total de 57.404 € que o alcalde do BNG de Viana, Secundino Fernández Fernández subiu á pagina web do concello como gastos do ultimo Entroido non se parecen en nada aos cálculos realizados pola oposición dos populares.
Segundo o seu portavoz Andrés Montesinos Rodríguez dixo que, segundo as facturas que eles foron reunindo, os gastos ascendían a 86.375 €. Esta cifra segundo eles excede os 81.554 € do ultimo Entroido que eles organizaron no 2015 cando estaban na alcaldía.
Andres Montesinos rexeito as criticas que sobre eles vertió o actual alcalde Secundino Fernández sobre o que gastaron no Entroido 2015 e a súa mala xestión.
O edil popular dixo que as súas contas non inclúen todas as facturas e afirmo que o alcalde “mente”
Tamén dixo que a pesar de gastarse o actual alcalde mais no ultimo Entroido, leste careceu de cabrito, cunca de agasallo e reduciu a calidade da comida.
Despois destes dous artigos uno do actual alcalde onde presenta as súas contas e outro do alcalde anterior onde presenta as súas, o que se teño moi claro é que alguén non di a verdade.
Déixovos as dúas facturas a que di o PP que é autentícaa e a que di o actual alcalde que é a autentíca, non se se servirá para descifrar este misterio, supoño que uns seguirán crendo a unha parte e outros á outra.

Pero ¿Onde esta a verdade?
Contas Según Andres Nontesinos
Contas segun Secundino Fernández

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total