Traductor

¿ Quieres borrar cosas de tus fotos?

Sacaches algunha vez unha foto dunha paisaxe, unha rúa ou un lugar que che gustaba especialmente e ao vela dásche conta que hai un obxecto que non che gusta ou se che a cruzado algunha persoa ou animal, gustaríache borrala para que a imaxe quede ao teu gusto, agora tes unha solucion moi facil para facelo.
Con A Better Camera poderemos eliminar obxectos e persoas das nosas fotografías dunha forma sinxela desde o noso dispositivo Android.


Esta aplicación conta cunha interface intuitiva, que fai bastante fácil o seu uso. Ademais, o seu funcionamento é fluído, os procesos que realiza non tardan moito en completarse.

Para capturar a instantánea, primeiro debemos cambiar o modo por defecto pola opción”Smart Multishot”.Tras isto, mantemos presionado o botón de disparo da cámara e a aplicación realizará o seu traballo.

A cámara realiza varias capturas seguidas para poder ter distintas tomas e deste xeito borrar os obxectos ou as persoas que aparecen ao facer a fotografía. Cando soltamos o botón, basta con escoller a opción “Eliminar obxectos” e seleccionamos o que non queremos na imaxe.

Está dispoñible de forma gratuíta, pero tamén hai unha versión de pago completa que conta con bastantes características para a cámara, como modo HDR, a opción de realizar fotos panorámicas 360, modo nocturno, retrato grupal, gravación de vídeo, disparo en secuencia, disparo previo, ou temporizador automático.
Unha aplicación que representa unha interesante alternativa ás que veñen de serie nos dispositivos, posto que con ela poderemos fotografar o que desexamos sen que un elemento pasaxeiro amólenos o resultado.


Descagar A Better Camera para Android

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total