Traductor

Desfile de folións en Vilamartín o 2 de xullo

Das proximidades do pavillón do Bañadoiro partirá o desfile do folións que se celebrará o vindeiro 2 de xullo en Vilamartín. Será ás 19:00. Este encontro terá ademais como pregoeiro ao actor valdeorrés Paco Campos. Logo farase unha recreación da petición de permiso que se realiza durante o Entroido nas localidades do oriente ourensán que aínda conservan esta tradición e, de seguido, comezará o desfile que percorrerá as rúas do pobo.
Nesta comitiva participarán sete folións. Catro deles serán triveses: A Caniceira, Os Labregos, As Maceiras e o de Sobrado. Tamén estarán os folións de Carracedo da Serra, o de Quintela de Edroso e Amigos e o dos Viticultores. O percorrido concluirá no mesmo pavillón. Despois haberá unha pinchada e unha actuación musical.
Este desfile será organizado pola Asociación Cultural Folión Os Viticultores, que vén de facer público o cartaz do mesmo, en colaboración co Concello de Vilamartín.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total