Traductor

Felicidades Nieves

Felicidades Nieves por ese premio e ese recoñecemento, froito do voso traballo e tesón, querer facer as cousas ben e mellor cada vez debería ser a meta de todos.
A partir de agora como o teu dis a predicar aos catro ventos que nunha aldea do concello de Viana do Bolo, temos cordeiro galego autentico e con certificación.
Como esta humilde revista lena nalgunhas partes de Estados Unidos, América Latina, Irlanda, Inglaterra, Francia e algún outro país mais de Europa, se queren bo cordeiro que saiban onde teñen que buscalo.

A ovella galega:
Un tesouro por redescubrir.
Dicía a miña avoa que os triunfos ou fracasos debíanse, en gran medida, á xente da que te rodeas… verbas que eu corroboro e para mostra este relato.
Xa dende ben noviña gustei de rodearme de amigos mais ntelixentes ca min, por que eu quería aprender, e ninguén mellor que alguén cercano para ensinarme, no eido que fose.
Coa filosofía de miña avoa, funme rodeando de xente moi grande, persoas únicas que desprenden sabedoría. Leccións que por min mesma xamais sería quen de experimentar e das que me sinto moi orgullosa.
Hoxe quero dar as grazas a todos os meus amigos e dunha maneira especial á directiva de Asovega (Asociación da ovella galega) da que me congratulo de formar parte.
Pero debo destacar a gran laboura de Silvia Adan. Sempre en contacto cos gandeiros, no campo e na oficina,traballando a prol da recuperación da raza.
Non vou dar datos do que medrou o censo en Galiza,, pero si darei o da miña explotación:
Foi no ano 2000 cando comecei a miña andaina con 23 exemplares seleccionados e hoxe conto con mais de 300 ovellas nai e 8 carneiros.
Ano tras ano era Silvia a encargada de facer a selección da recría, con analíticas de sangue, provas de paternidade, selección morfolóxica e por último marcado.
Fomos medrando amodiño porque moita recría era descartada pola súa fisionomía, aínda sendo filla de país seleccionados sacaban características que non se adaptaban ás expectativas da raza. Unha das grandes metas de asovega, entre outras, era podermarcar os cordeiros galegos oficial e legalmente con unha denominación e selo de calidade.
Debo destacar que esta asociación ten o seu domicilio social en Fontefiz (Coles) Ourense a uns 150 km de Quintela (non está precisamente á volta da esquina) mais apesares da distancia calquera cousa que necesite, xa sexan crotales, talonarios de baixas ou nacementos, etc… só teño que chamar e ó día seguinte téñoo na casa. Sempre me sorprendeu tal eficiencia.
Tamén é verdade que cada vez que me descualificaba unha aña esa eficiencia convertíase en esixencia. Nembargantes hoxe teño que darlle as grazas por ensinarnos a distinguir o valor do mellor, por facer unha selección xusta seguindo sempre as pautas que lle marcaba a raza a pesares das nosas protestas sempre fixo o correcto, porque se non fose así non se lograría chegar o mais importante:
Primeiro e sobre todo, traballar intensamente na recuperación da raza galega, a de sempre, a que tiñan os nosos avós, a que estaba adaptada ó medio e ós costumes de cada zona.
Para min, sen lugar a dúbida, a mellor do mundo enteiro.
E segundo, pero non menos importante, conseguir despois de moito traballar o logotipo oficial para o marcado de distinción de calidade dos cordeiros galegos. Se isto non era xa bastante honra, podoodo dicir que me enche de “orgullo e satisfacción”(parezo o Rei) que os primeiros cordeiros marcados co devandito selo foron os meus e os do presidente da asociación.
Quen me ía a dicir no ano 2000, que parecía unha utopía chegar a recuperar a nosa raza, a da miña avoa, como quen di no cabo domundo que chegaríamos a isto.
Meus amigos: para min é difícil de imaxinar unha meta mellor.
Ser unha das maiores produtoras de cordeiro de ovella galega e ser a primeira en comercializalo como tal.Agora podo dicir ben alto:
En Quintela do Pando (Viana do Bolo)
críase cordeiro de ovella galega e ecolóxico. Sei que moitos xa o tedes probado e pouco vos podo contar, a os que non permitídeme o atrevemento de invitarvos a que o provedes.

Que razón tiña a miña avoa: “os triunfos e os fracasos son o reflexo da xente da que te rodeas”.
Tamén era hora de ter un selo que realmente sexa garantía de CALIDADE.


Nieves Fernandez Vidueira

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total