Traductor

¡¡Imos Votar!! (Nieves)

Como sempre Neves sorpréndenos cunha dos seus poemas, aínda que esta quizais se clasifique mellor como unha dás nosas cantiguas
Con musica poular:


Non chas quero, non chas quero
papeletas pra ir votare,
non chas quero, non chas quero
que me podes enganare.

Ovella se vás a ir votar
pensa ben o boto,que podes fallar,
que podes fallar e vaste mollar
porque del votado, non hai marchatras.

Non chos quero, non chos quero
aloumiños que me fas,
non chos quero, non chos quero
que eu xa veño e ti inda vas.

Prometen,prometen e nunca cho dan
agora amiguiños, elo como can,
ofrecen favores que nunca che fan
prometen, prometen e nunca cho dan.

Non te creo, non te creo
indauque churguelo ollo,
non te creo, non te creo
que es mais falso caun piollo.

Está feito,está feito, tamen che diran
malo seu traballo nin sequera fan,
nen sequera fan,nen sequera fan
máis para cobrar de ti sacaran.

Amigo se vas a ir a votar
pra amañalo mundo aise que mollar,
aise que mollar e moito pensar
pra ver resultados sen ter que chorar.
senter que chorar,sen ter que chorar
amigo se vás a ir a votar.



Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total