Traductor

Orquesta Ledicia en Viana

Hoxe domingo dentro dos actos das festas de San Anton entraba a Charanga Fuego, que por certo moi boa. Detrás actuou a orquestra Ledicia, eu persoalmente non a coñecía pero pareceume moi boa, eu creo que este ano nas festas do Toural o San Anton, se tivese que valoralas daríalle un sete, non lle daría mais porque creo que o que falto é xente, os dous días houbo media praza, creo que as festas daban para mais asistencia.
Haber o que pasa o ano que vén, a comisión de festas puxo do seu parte vontade e traballo traendo o que era bo en canto a espectáculo e actividades, polo que penso que eles cumpriron, desde aquí doulles o parabén polas festas que nos fixeron.

Se seguen así conseguirán cada ano mais xente e mais ilusión para estas festas de barrio, tamén darlle as grazas a todos os que colaboraron coa comisión, tanto persoas coas súas axudas como negocios e a alcaldía, foron palabras tamén de Jorge Alvarez cando subiu ao palco para entregar os premios das actividades deportivas.

VER MAS FOTOS

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total