Traductor

Varios Lumes en Viana do Bolo

Fortes tormentas na provincia de Ourense, que tiveron consecuencias , a comarca de Valdeorras foi unha das mais afectadas, a tormenta traduciuse nunha intensa granizada que provocou danos nas colleitas.

Os viticultores “o sector máis importante na zona” estaban preocupados polos presaxios que traían as nubes, ao final cumpríronse especialmente en zonas de Rubiá, Córgomo (en Vilamartín) e Petín, onde a pedra xa causou importantes desfeitas na vendima de fai tres veráns. Mañá tocará avaliar os danos, que se prevé sexan cuantiosos nalgunhas leiras.
                                               
As tormentas tamén causaron varios incendios forestais, o máis importante na parroquia de Fornelos de Filloas, Viana do Bolo, onde chegaron a arder ao redor de 10 hectáreas. O lume iniciouse ás 15.58 horas e grazas ao aviso dunha veciña Estefania R. Y. de Fornelos que chamo ao 112, “alí non tenian constancia deste lume segundo as súas declaracións”. O lume foi estabilizado unha hora máis tarde. Tivo que intervir, entre outros, a Brif de Laza. Neste concello tamén houbo un conato anterior na parroquia de Prado Cabalos. Ademais, houbo pequenos incendios nas localidades de Vencellás, no concello de Entrimo e en Carracedo dá Serra, na Gudiña. En todos estes casos foron lumes pequenos que puideron ser sufocados en pouco tempo.
                                                    

                                         

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total