Traductor

Prime Day en Amazon

O próximo día 12 de xullo, Amazon celebrará a segunda edición de Prime Day, unha xornada de rebaixas na que ofrecen 100.000 ofertas exclusivas para os clientes premium. Segundo explicou a empresa estadounidense nun comunicado, trátase do maior evento de Amazon ata a data. A iniciativa celébrase en España, Estados Unidos, Reino Unido, Xapón, Italia, Alemaña, Francia, Canadá, Bélxica e Austria, atoparán ofertas en máis de 20 categorías nas webs de Amazon.

Os clientes premium de Amazon en España poderán acceder a estes descontos ás doce da noite, con novas ofertas cada 5 minutos a partir das 8:00 da mañá. Para participar en Prime Day, poden subscribirse ou empezar o período de proba gratis de 30 días do servizo Premium en calquera momento, antes ou durante o 12 de xullo.

En 2015 a resposta dos clientes de Amazon.es durante Prime Day superou todas as nosas expectativas e por iso este ano imos contar con aínda máis produtos con desconto”, afirma François Nuyts, Director Xeral de Amazon.es e Amazon.it.
Despois do record de vendas do ano pasado, este ano incrementamos considerablemente o número de unidades dispoñibles en moitas das nosas ofertas”, explica Greg Greely, vicepresidente de Amazon Prime.

En 2015 Prime Day foi o maior día de vendas mundiais ata a data en Amazon. Máis aló das ofertas e dos dispositivos máis vendidos, houbo outras categorías que triunfaron en cada país no que está dispoñible o programa Premium.

A compañía non quixo circunscribir unicamente ao 12 de xullo esta iniciativa e durante toda a semana anterior irá ofrecendo descontos en distintos produtos en exclusiva para os clientes premium.
Podes empezar o teu período de proba desde aquí

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total