Traductor

Un día no hospìtal do Barco

O outro día tiven que acompañar a un familiar ao hospital de Barco por urxencias, ao chegar alí presentamos os papeis e dixéronnos que nos sentásemos que xa nos chamarían. Pasamos alí un bo intre, o persoal ía e venia e case sen querelo escoite unha conversación moi interesante, dicíalle unha persoa á outra que pediran aire acondicionado ao hospital pois no, posto de traballo deles non se aguantaba a calor e a contestación que lles deu o hospital, é moi razoable e nótase que ese hospital preocúpase polo seu persoal, 


Dixéronlles “Tomar este termómetro e poñédelo no voso posto de traballo, veredes como non fai tanto calor e se o termómetro sobe moito a temperatura xa falaremos”.
Chapeau” a fantástica solución, quen di que os directores de hospital non teñen iniciativas, á min a resposta fíxome graza, pero non acabo a cousa aí, houbo outro incidente e un persoal chámolle a atención a outro, non vou dicir que persoal é por razóns obvias, o caso é que uns dixeron “claro chega o cambio de quenda e mentres se saúdan, tómanse o café e cóntanse os seus batallitas, nós temos que facer o seu traballo e o noso”.

Se cando chegan puxésense a facer a súa faena habería menos problemas”.

                                         

Este segundo comentario se que xa me tocou a moral, porque levavamos mais de dúas horas nesa sala de espera e non había moita xente para atender precisamente.
Ademas o que xa era para exasperar era que chegaba xente que non a vías tan mal, de vez salia unha enfermeira e achegábase a eles e “Ola fulanita que tal estas” -eu ben, e vindo pola nena que ten un granito “vale ata logo”, aos tres minutos vías, que a esa muller e esa nena chamábanas e túa e a persoa maior que ía contigo seguiamos alí na sala de espera.

Tamén teño que dicir por xustiza que o medico que atendeu a esta persoa fabuloso e moi amable, con isto non veño dicir que os profesionais que temos na sanidade sexan malos se non que algúns tanto por parte da administración do hospital, deberían atender mellor ao seu persoal, pero que este persoal, algúns tamén deberían atender mellor aos pacientes.



Xa se que eles teñen o dos recortes de persoal e moitos problemas, pero ao final nós non somos o inimigo, temos o mesmo problema que eles, ao final e deixando os políticos e as súas ideas ao carón, somos persoas e a maioría cando acudimos a un hospital non é por gusto, moitos mesmo están asustamos e o que necesitan é apoio.

Aínda así se eu tivese que darlle unha puntuación ao persoal do hospital do Barco de Valdeorras seria dun 75 sobre 100

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total