Día das Letras Galegas 2017
O
Día das Letras Galegas de 2017 estará adicado ao escritor limiao
Carlos Casares. A decisión foi tomada onte polo pleno da Real
Academia Galega, presidida por Xesús Alonso Montero,
nunha votación na que os candidatos era el, Ricardo Carvalho
Calero, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales. Trátase da
undécima vez que a institución centenaria adica ás Letras
Galega a un ourensán. A última vez, no 2004, tocáralle a
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas".
Nesta
ocasión, a RAG recoñece o "compromiso inequívoco"
do autor de "Vento ferido" coa lingua galega
converténdose así nunha das figuras máis senlleiras e renovadoras
da literatura galega das últimas décadas do século XX. "A
calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado
da súa obra, que incluíu a literatura infantil, o xornalismo e o
ensaio, converten a Carlos Casares nun escritor especialmente idóneo
para protagonizar a celebración das Letras Galegas de 2017",
destacan dende a institución.
O humor, a sinxeleza e a claridade son as cualidades más destacadas do seu estilo narrativo e ensaístico pero, máis alá do seu talento literario, Casares foi un intelectual que destacou pola súa implicación nos eidos cultural, social e institucional dos tempos que lle tocou vivir. Casares encaixa a perfección dentro do espírito do Día das Letras Galegas e "con toda seguridade reforzará o prestixio da nosa lingua e literatura non soamente entre o público escolar e estudantil en xeral, senón entre o gran público lector, que xa celebrou en vida a súa espléndida obra literaria", engade a RAG.
Un home comprometido coa súa terra e a lingua galega
A vida de Carlos Casares Mouriño, nacido en Ourense no 1941 e morto en Nigrán no 2002, caracterizouse polo seu compromiso coa súa terra e lingua. Pasou a infancia en Xinzo e sería na etapa adolescente cando a súa vocación literaria comezaría a coller forza chegando a gañar un premio que lle permitiu coñecer a Vicente Risco.
No
1967 publicou a súa primeira obra, o libro de relatos "Vento
ferido", e no 1975 chegaría "Xoguetes para un tempo
prohibido", novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais
o Premio da Crítica española. Tres anos máis tarde ingresaría na
Real Academia Galega. Nos anos da transición e do inicio da
democracia, foi deputado polo PsdeG-PSOE en 1981, dirixiu a Editorial
Galaxia, a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega
dende 1996. A pesar dos seus compromisos, Casares nunca abandonou a
escrita e continuou fiel ao seu estilo con "Os escuros soños
de Clíos", "Os mortos daquel verán" ou
"Sol de verán", publicada postumamente en 2002 e
Premio da Crítica dese ano.
Casares tamén foi articulista en diferentes cabeceiras e recibiu os premios de xornalismo "Fernández-Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995.
O seu repentino falecemento, por infarto, sorprendeu ao mundo da cultura galega o 9 de marzo de 2002.
O noso instituto así como outros mais en Galicia levan o seu nome,
O humor, a sinxeleza e a claridade son as cualidades más destacadas do seu estilo narrativo e ensaístico pero, máis alá do seu talento literario, Casares foi un intelectual que destacou pola súa implicación nos eidos cultural, social e institucional dos tempos que lle tocou vivir. Casares encaixa a perfección dentro do espírito do Día das Letras Galegas e "con toda seguridade reforzará o prestixio da nosa lingua e literatura non soamente entre o público escolar e estudantil en xeral, senón entre o gran público lector, que xa celebrou en vida a súa espléndida obra literaria", engade a RAG.
Un home comprometido coa súa terra e a lingua galega
A vida de Carlos Casares Mouriño, nacido en Ourense no 1941 e morto en Nigrán no 2002, caracterizouse polo seu compromiso coa súa terra e lingua. Pasou a infancia en Xinzo e sería na etapa adolescente cando a súa vocación literaria comezaría a coller forza chegando a gañar un premio que lle permitiu coñecer a Vicente Risco.
Casares tamén foi articulista en diferentes cabeceiras e recibiu os premios de xornalismo "Fernández-Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995.
O seu repentino falecemento, por infarto, sorprendeu ao mundo da cultura galega o 9 de marzo de 2002.
O noso instituto así como outros mais en Galicia levan o seu nome,
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión