Traductor

Ideas para o fin de semana

Teño varias propostas que ofrecervos para este fin de semana, empezaremos polos que lles gusta o rock e non lles importa desprazarse un pouco mais lonxe



ROCK & ANLLO

Temosl ROCK & ANLLO. No campo da festa de Anllo Santo Estevo, en Sober, converterase en xullo en escenario do Festival de Rock&Anllo. Será en concreto o sábado día 16 de xullo e nel participarán cinco grupos galegos.
Así o público asistente poderá desfrutar coa actuación de tres bandas monfortinas: ‘Coolflanders’, ‘Black Vintage’ e ‘Lapanaback’. Tamén se subirán ao escenario o dj local ‘nachomorales D.J ’ e o grupo ‘blind drunk and blue’.
Este conxunto de concertos de rock con estilos moi diferentes será gratuíto.
Tamen Temos

A XIX Feira do Viño de Valdeorras
Na praza de Viloira (O Barco)
A súa inauguración está prevista para as 12:30h. do sábado 16 de xullo co pregón do ex ciclista profesional Álvaro Pino. Na mostra poderán catarse os viños de 18 adegas amparadas pola Denominación de Orixe Valdeorras.

Concerto de Marisa Valle Roso en Verin
A cantante asturiana Marisa Valle Roso actuará no Concello de Verín este venres 15 de xullo. Será nun espectáculo que terá cabida na Praza da Mercé da localidade ourensá, a partires das 21 horas. Interpretará cancións de “Suena la mina”, un traballo que recopila a historia da minería.





Independence Day” en Verin
O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acolle esta fin de semana a proxección do filme “Independence day. Contraataque”. Serán os días 15, 16 e 17 de xullo.
Os pases para o venres serán ás 19:50 e ás 22:45 horas. No sábado, ás 17h, ás 19:50 e ás 22:45h. E na xornada do domingo, os pases serán á mesma hora que o día anterior.
As entradas en taquilla estarán dispoñibles até 30 minutos antes do inicio das sesións. Pero tamén se pode facer reserva anticipada na tenda de lambiscadas Bule Bule.



II Festa Cervexa Córgomo

A localidade de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) acollerá o vindeiro sábado 16 de xullo a IIª Festa da Cervexa.
Ás seis da tarde haberá unha cata de cervexas na casa do pobo (previo pago de 10 euros por persoa). Tal como explican dende a organización, un profesional do sector informará de cada unha das cervexas expostas (4 ou 5), coa posterior cata por parte de cada un dos asistentes. E xa a partires das oito, comezará a festa propiamente dita, con cañas Estrella Galicia a 1 euro; “Hora feliz” con cañas a 0,50 euros; pinchos variados; licor café Barbudos; música variada; e o sorteo dun Xamón e varios estuches de viño, entre os posuidores das rifas que estarán a venta ata antes do sorteo.

Romaria na Capela Pelegrina Da Virgen Do Carmen
Para os que queirades quedarvos aquí cerquiña, tendes esta Romaria na Capela entre Pixeiros e O Castro, o 16 de Xullo, as 13:00 horas Misa Campestre coa procesión dos Amortaxados.
Sesion vermut e baile pola tarde ca “Charanga Alegría”, habera postos de polbo e bar, e merenda po los soutos do ao redor

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total