Traductor

Os Veciños do Toural tomaron a iniciativa

No barrio do Toural uns veciños despois de solicitar durante moitos anos que lle fixesen as beirarrúas, pois diante das súas casas estaba todo cheo de terra e facían cacas e meaban os cans, as súas casas poñíanse cheas de sucidade ao entrar. Ao final optaron por facerse eles as beirarrúas.


Esta tarde falando con eles comentáronme que estaban cansados de esperar, fai case dez anos que solicitaron esa obra, dixéronme que non entendían que sendo unha das entradas de Viana cun considerable acceso de vehículos e de persoas, estivese así, "que as beirarrúas non as fixeron pero os impostos e os vaos que non solicitamos ben que nos los estiveron cobrando".
                                               
Solicitaron tamén as bandas de freado, iso dinme "Xa o conseguimos", non lle botan ao actual alcalde a culpa, especialmente, só piden que lles dean solucións ou polo menos compromisos para solucionar os problemas.

Outra das súas peticións é tamén que lle poñan uns cubos de lixo mais preto, pois a xente que vive polo medio da rúa, tense que desprazar case ata abaixo ou subir case arriba, comenta que agora de fronte ao verán podíanos poñer aínda que despois, no inverno quítenos.
                                             
Nunha das casa que hai contáronme que eles se gastaron hai uns anos 4000 euros nunhas arquetas e tubos xunto cunha obra para que lle enterrasen os cables da luz que lles pasan por diante da casa, tamén lles dixeron que lle ían a quitar un poste eléctrico de madeira que teñen alí que ao enterrar os cables non cara a falta, non saben quen ten que solucionarlles o problema a compañía eléctrica, coméntanme, "ben que nos cambiaron o contador porque lle interesa a eles" pero pasarnos os cables baixo terra que xa pagamos pola obra, diso pasa lle compañía eléctrica.

Mais veciños din que é un lugar polo que pasean moitas persoas maiores que se o concello podería poñer algún banco se lles sobran, pola rúa para que esa xente poida descansar 

Cables colgando na fachada


Beirarrúas terminadas


















Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total