Traductor

Pleno de hoxe 21 de xullo do 2016

Pleno ordinario do concello hoxe 21 de xullo do 20016 ás 20:00 coa presenza de todos os grupos.

  • Aprobáronse as actas dos plenos anteriores.
  • Votouse sobre uns orzamentos solicitados para arranxo de accesos a núcleos rurais a cargo de fondo europeo.
  • Aprobáronse as festas locais de Viana.
  • Aprobáronse unha proposta sobre as escolas deportivas e musicais
  • Rogos e preguntas.



No pleno de hoxe tomáronse varios acordos , todos por unanimidade dos concelleiros presentes, aprobáronse as actas anteriores, aprobáronse uns orzamentos do plan FEADER para arranxo de pistas rurais de acceso a núcleos urbanos.
A parte do financiamento publico, aprobouse tamén por unanimidade a normativa dunha pequena cota para as actividades deportivas e para as musicais, os nenos de 3 a 6 anos gratis. A partir dos 6 anos:
Deportivas
  • Un deporte 8 euros
  • Dous deportes 12 euros
  • Tres deportes 15 euros
Musicais
  • Solfexo e un instrumento 8 euros
  • Solfexo e dous instrumentos 12 euros
  • Solfexo e tres instrumentos 15 euros
Familia numerosa un 50% de Desconto
Familias en situación de exclusión social Gratis

As deportivas xa empezaron e as musicais haberá unha reunión en setembro para ver canta xente esta interesada.

As festas locais foron aprobadas por unanimidade o 1 de Marzo e o dia do patron de Viana San Roque o 16 de agosto.

Falouse tamén do escrito que se lle mando ao ministerio de fomento a iniciativa do PSOE e referendado por todos e solicitado polo grupo municipal, tratando o tema do tren da Gudiña a Ourense, dando paso á lectura da carta de contestación do ministro na cal di que non hai ningún problema para facer parar a un dos trens que pasan pola mañá, a cambio dun dos que pairan pola tarde, o que non di a carta é nin cando se aplicase nin en que franxa horaria sera, o alcalde comento que deixara pasar un tempo prudencial e se non ten contestación volverá insistir sobre o tema.

Dentro de rogos un concelleiro do PP solicito unhas bandas de freado para a rúa San Roque para a parte de abaixo, ao que o alcalde contesto que estudarían a proposta.
En Preguntas o concelleiro de PSOE realizo varias, a primeira sobre a pintada da sinalización horizontal sobre a estrada, facendo incapie en todos os aparcadoiros que se quitaron, uns por alargar a calzada e outros por pintar raia continua neles.
O alcalde respondeu que eles antes de que a rúa fose pintada solicitaron os planos de como ía quedar e nunca llos mandaron, como ese tema é competencia deles eles fan e desfán, segundo din polo que establece a normativa das leis de sinalización horizontal. De todos os xeitos mañá volve o responsable do tema por aquí e o alcalde volverá expresarlle o noso rexeitamento á devandita sinalización.


O concelleiro do PSOE comento que fixeron unha chea de cousas sen lóxica ningunha, como quitar o aparcadoiro nunha recta e permitilo nunha curva.

Falouse de porque pintaron os illotes que puxeron, segundo eles, é un sistema visual que fai que os condutores ao velas vaian freando.

Outra pregunta que fixo o concelleiro Socialista foi por que este ano só había dúas brigadas para incendios cando o ano pasado houbo tres, ao que contesto o alcalde que se solicitaron tres pero que a Xunta lles dixo que este ano o máximo que concedían a todos os concellos eran dous.

Outra pregunta do mesmo concelleiro foi que segundo lle dixeron varias persoas que levan aos seus fillos ao curso de natación estaban a cobrarlles o aparcadoiro do coche e o das piscinas, cando elas non se bañaban, o alcalde contesto que o coche se pero que a entrada da piscina non había que pagala,as persoas que só acompañaban aos do curso de natación, que non tiñan noticias que isto estivese a pasar.

O Socialista pregúntolles polo tema do problema do pobo de Penouta coa empresa que ten a concesión, o que o alcalde contesto é que eles aí non poden entrar porque é un tema privado entre dous particulares.
Outro tema foi o das festas de Viana ao que a concelleira de Cultura contesto que o día 26 deste mes sairá un librito con todo o tema das festas deste ano.

O Sr. Jesus Salgado concelleiro do PSOE tamén deixo a súa protesta porque o alcalde non lle avisou da firma do convenio entre Strategic Minerals Spain e o concello,dicíndolle que non é a primeira vez que se comporta coma se eles tivesen a maioría cando non é así, que xa non o vai a tolerar mais veces 

En preguntas dos asistentes se preguntou porque non se quitan os valos que hai na rúa das Mazairas despois do Pingallo, cando levan semanas sen traballar aí e o único que fan é quitar aparcadoiros. O alcalde contéstolle que a persoa encargada desa obra xa esta avisada dese tema e se nolas quita tomásense as medidas oportunas.

Diego Blanco Álvarez o promotor da petición de Change org sobre a estrada de San Agustín que estaba no pleno solicítolle ao alcalde que se fixese mais presión directamente sobre o Sr. Baltar para que desen unha solución xa, o alcalde díxolle que xa estaban a presionar todo o que estaba nas súas mans, que ademas tiñan un Orzamento gardado de 50.000 euros por se a deputación non fai nada, polo menos poder parchearla para que polo menos póidase circular por ela aínda que iso sexa unha solución, provisional e non efectiva.

Ao cal eu comente que 370 firmas para os habitantes que hai en Viana é unha miseria que se cadra teriamos que expornos para que saiban en Ourense que existimos os de Viana manifestarnos pacíficamente haber se así nos fan caso as televisións e os medios de comunicación, pois polo visto se non saes na tele, non existes.

Teremos que facer ruído para que saiban que estamos aquí

VIANA DO BOLO TAMÉN EXISTE Sr Baltar, temos eleccions a volta de esquina denos una alegria

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total