Traductor

A Moura no Rio (O Castro)

A Moura no rio
Na aldea que hai un pouco mais abaixo conta a lenda que unha veciña do pobo viña de volta para sua casa, cando chego ao rio se encontrou a unha preciosa Moura de cabelos larguísimos, que se estaba peiteando cun peite de ouro, a Moura pregúntolle:
- Que che gusta mais o meu pelo ou o peite?
A muller contéstolle:
- O teu pelo
A Moura púxolle dentro da man unha cousa e díxolle:
- Non o mires ata que chegues a casa
A muller meteuno entre os peitos para non perdelo e foise andando cara ao pobo, un pouco mais arriba nunha fonte que aínda hai, párouse a beber e deulle a tentación de mirar o que lle deu a Moura, meteu os seus dedos entre as tetas e saco dous cagadas de ovella, cando as viu as tiro á fonte, dicindo vaia porcallada que me deu a Moura.
Desilusionada e enfadada foise a casa e non lle dixo nada ao seu marido, pero á noite cando se foi á cama ao quitarse a roupa, oíu que algo caía ao chan, de entre as súas roupas, cando foi a mirar atopouse con que era unha moeda de ouro, vestiuse e marcho correndo á fonte, para buscar as outras dúas, pero xa non estaban.
Seguen sen aparecer garántovolo houbo moita xente que as a buscado pero xa non están.

Se tes un pouco de sorte e es nobre de corazón nese anaco de rio pódeseche aparecer a Moura algún día.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total