Traductor

Un neno accidentado en Larouco

Un neno de Larouco, ciclista chocou contra un remolque con tan mala fortuna que se golpeou a cabeza, sufrindo un traumatismo cranio encefálico de carácter grave.

O helicóptero das Emerxencias do 061 trasladou na tarde de onte ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO) ao neno de 9 anos. Sobre as 11,30 horas, sufriu un accidente cando circulaba en bicicleta por unha rúa do pobo. Os veciños apuntaron que o mozo ciclista chocou contra un remolque con tan mala fortuna que se golpeou a cabeza, sufrindo un traumatismo cranio encefálico de carácter grave.

Unha ambulancia do Barco do 061 trasladou ao ferido ao Hospital Comarcal Valdeorras, cuxos facultativos decidiron derivalo ao CHUO. O helicóptero despegaba ás 16,00 horas do céspede do campo de fútbol de Calabagueiros co neno.

Esa mesma mañá houbo outro accidente de tráfico. Sucedeu hora e media antes nas inmediacións do Centro de Saúde da vila. Unha muller de 72 anos e veciña do Barco: A.F.A., foi atropelada por un turismo. A ambulancia do 061 trasladouna ao Hospital, aínda que con lesións nunha perna.


                                     

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total