Traductor

Embarcadoiro varado en Viana



  • Temos que estudar a forma en que o embarcadoiro que nos puxeron quede funcional, para podere disfutar del como e debido.
Había moita xente en Viana que levaban moitos anos solicitando un embarcadoiro para o pantano, para poder gozar mais do, este ano ao final conseguiuse que o tivésemos, co orzamento de Portas de Galicia púidose construír, pero polo que se ve a empresa que o constrúiu non coñecía o noso pantano e o que baixa no verán.

Eu a verdade é que non se moito do tema pero pregúntome. Non se podería haber feito doutra forma?, quizais un pouco mais longo e con dous partes unha fixa e a outra, que subise e baixase segundo o nivel da auga, quizais colocalo noutro lugar que ao baixar a auga non quedase ancorado en terra.

Non se eu creo que debería haber algunha forma para que os Vianeses poidan gozar dunha cousa que xa esta feita, porque tal e como esta actualmente; non serve para nada.

Aínda que para este ano non poida ser, que polo menos o arranxen para que outro ano non perda a súa funcionalidade.

Co embarcadoiro ben feito, poderíanse poñer unhas barcas a pedais ou unha piraguas para uso e goce de todos os Vianeses mais de todos os que nos visitan.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total