Traductor

Romaría da Virxe do Carmen Pixeiros 2016




Este sábado celebrouse a Romaría na Capela da Virxe do Carmen, esta situada entre Ou Castro e Pixeiros, houbo unha procesión da virxe cos amortaxados e unha Misa cantada, oficiárona dous curas da Ermidas, non foi moi concorrida nin a misa nin despois a festa, aínda que a xente que estivo e quedou ali a comer, debaixo dos castiñeiros, estiveron ben a pesar da calor que fixo onte, ao sol non se aguantaba.

Houbo servizo de bar, posto de rosquillas e lambetadas e xoguetes, tamén unha parada con medallas e obxectos relixiosos.





Houbo un posto de polbo tamén, a romaría estivo ben a pesar da falta de publico, dicíame a muller do posto de rosquillas “que este ano comparado co
pasado habia baixado moito a asistencia” “Que estas festas acabasen perdéndo” “á mocidade non lles gustan”.

Tamén estivo a tocar a Charanga Alegria que esta composta por  músicos de aquí, da zona de Viana


 Hai unha historia sobre esta romaría que eu instaría a quen a saiba ben, ma mande para publicala, segundo o que e conseguido pescudar eu, esta capela créoa un peregrino que apareceu polo lugar, construíndo unha choza de pedra un pouco mais abaixo da capela, onde o gorecíase.

Construíndo a capela pedra a pedra, cando marchou os veciños de Pixeiros tentaron levar a imaxe ao pobo, pero tantas veces como a levaron, tantas veces ela volveu á Capela, ao final optaron por deixala alí e restaurar a capela facendo unha romaría o día da Virxe, a “Virxe do Carmen”.
Non se exactamente a historia porque segundo as fontes dinche unha cousa ou outra, para a miña, polo que puiden deducir, o peregrino era un anacoreta que vivía neses montes, construíndo a capela coa Advocación á Virxe do Carmen, nun lugar que xa antes era Sacro, lembremos que enfronte temos un castro celta e tamén moitas lendas de Mouros e Mouras.
Outro sitio de poder enerxético que xa os nosos devanceiros utilizaron para poñerse en contacto con esa enerxía que nos rodea, é un paseo cortito desde Ou Castro e a paisaxe é precioso e o lugar tamén, podedes achegarvos ata a choza do peregrino.

Iso das lendas sera outro articulo

GALERÍA FOTOGRAFICA


Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total