Traductor

Axudas para incentivar Manzaneda

As estancias na estación de montaña de Manzaneda serán máis económicas para as familias numerosas. O programa "Montaña en familia", que deseñou a Consellería de Política Social, inclúe un plan de axudas para elas. Os interesados deberán solicitalas antes do 5 de agosto na sede electrónica da Xunta ou ben nos rexistros existentes.

O programa permite aos beneficiarios gozar de estancias completas dun fin de semana, así como de actividades de lecer de montaña, a prezos reducidos. A contía das axudas é de 35 euros por persoa e estancia de fin de semana, no caso de maiores de 12 anos, e aumenta ata os 37,5 euros para os menores desa idade.
Estas cantidades poderán solicitalas as familias cuxa renda per cápita sexa inferior a 10.500 euros por ano cando, anteriormente, só podían pedilas quen non alcanzaban os 7.500 euros.

                         

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total