Traductor

Falleceu un veciño de Vilar de Goia


Onte martes faleceu un veciño de Vilar de Goia pertencente á parroquia de Quintela de Oumoso.
 
Albino M.M. de 61 anos foi atopado morto pola súa nai pola tarde na cama.
Pola mañá estivo a comprar conxelados ao camión que os reparte polos pobos, estivo a comer coa súa nai e despois de comer, coa calor foi tombar un ratito.
Pola tarde quedara cuns señores, para facer uns tratos cun xato, a súa nai vendo que non se daba espertado foi a chamalo e foi cando llo atopou morto.

Este veciño era o que coidaba á súa nai, ela tamén esta enferma e necesitaba os coidados do.

Outra vez demóstranos a vida o inxusta que é ás veces
D.E.P.

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total