Traductor

Xa temos o lume aquí no concello de Viana

Xa temos o lume aquí no concello de Viana

Non iamos salvando pero xa chego o lume ata nós, onte pola noite cando chegamos a casa vimos un resplandor por á beira do supermercado da praza do boteiro, ao fixarnos ben vimos que era lume eran sobre as 23:00 e avisamos ao 112, alí dixéronnos que non tiñan ningunha notificación sobre o devandito incendio.Estaba a arder no piñeiral por encima de Penouta e Paradela

Ao pouco intre subiu unha brigada contra incendios de Viana, o lume controlárono sobre a 1:30 segundo dixéronme, pero esta mañá habemos visto que volve arder, comentáronnos que o lume queda na raíz e ao facer un pouco de aire volve revivir, hoxe ademais esta facendo aire. A tal hora non se se está controlado, en canto saiba algo volo comunicarei.


De todos os xeitos as previsións do tempo dan auga para esta madrugada e para mañá, a ver se o tempo axúdanos e deixamos atrás esta praga de incendios.














Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total