Traductor

Pastora Fernández García


Candidata nas próximas eleccións autonómicas para a presidencia de Xunta de Galicia preséntase polo partido Recortes Cero



Tengo entendido que nació en Viana do Bolo

Si nacín na vila de Viana do Bolo fai 55 anos. Varias xeracións por vía materna naceron en Viana e unha parte da miñan familia reside aquí. Son dos “Jirís”. O meu bisavó e o meu avó eran xastres. Jirís vén de “tijirís” (tesoiras).

En que parte de Viana nació

A casa onde nacín está xusto no centro desta fermosa xoia de pobo regada polo Sil. Os recordos da miña infancia son os recordos dunha nena de pobo, dunha nena de Viana. Igual que todos os veráns da miña adolescencia.

Cuanto tiempo estuvo en Viana

Os meus pais emigraron a Madrid cando tiña cinco anos, pero nunca perdemos o vínculo con Viana, á que todos volvemos sempre e á que queremos como a unha nai.

Toda su familia es de aquí

Non, noutro pobo moi próximo, San Clodio de Quiroga, están os meus outros orixes. A memoria do meu avó Marcelino Fernández Prada, que foi alcalde republicano e socialista do pobo, e cuxa influencia, da que estou moi orgullosa, está directamente relacionada coa miña traxectoria política.

Actualmente donde reside

Son mestra de educación infantil en Vigo

Antes de Recortes Cero

Fun membro da Marea Verde, levo case tres décadas traballando nos movementos sociais. Milito en UCE desde hai 25 anos. Afiliada ao sindicato CIGA e candidata de Recortes Cero por Pontevedra

Porque se presenta por Recortes Cero


Porque o que Galicia necesita é que de verdade se defendan os intereses do 90% do noso pobo, acabando co paro, subindo as pensións, investindo máis, e non recortando, en Sanidade e educación.



Comentarios

  1. Grande Torela,independentemente dos resultados electorais nos que che desexamos toda a sorte de mundo,eres una gran persoa i dado os tempos que corren iso e moi dificil,sempre con inquietudes sociais i o caron dos mais necesitados e dos que mais o necesitan tanto no ensino tua profesión como na tua vida diaria,ainda que sei de sobras que nunca cambiaras,o que se soe dicir "nunca cambies".QUEREMOSTE biquiños.!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixe a súa opinión

Entradas populares

Vistas de página en total