Traductor

información escola de musica en Viana

Reunión na Casa da Cultura en Viana para informar aos interesados sobre a escola de música.

Hoxe mércores día 14 ás 20:00 celebrouse unha reunión que tiña como tema a posta en marcha da escola musical, estaba a informar Graciela e Susana por parte do concello, houbo unha asistencia de 45 persoas aproximadamente.



Comentaron que as clases en principio o concello tenas proxectadas para idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, ditas clases serán de Solfexo, gaita tradicional, percusión e guitarra. Os instrumentos teñen que achegalos os alumnos cada un o seu.

As tarifas xa están publicadas na web do concello son


  • Solfexo e un instrumento 8 euros
  • Solfexo e dous instrumentos 12 euros
  • Solfexo e tres instrumentos 15 euros

Os horarios poderanse mirar na web do concello ou no propio concello a partir do luns 19 deste mes.
A inscrición realizásese a partir do luns tamén a través da páxina web ou no propio concello ata o día 26 deste mes, aínda que en principio só é ata os 18 anos, se algunha persoa de máis idade esta interesada pode facer a inscrición poñendo no aparatado de observacións a idade que ten, e que instrumento estaría interesado en tocar, depende a xente maior que se apunte, o concello pode chegar a facer clases para adultos tamén.


Graciela e Susana remarcaron que en todo momento o concello esta disposto a oír todas as suxestións que se lles fagan. Este ano empezan as clases e de momento eles ofertáronas así, pero pode haber ampliacións ou cambios segundo a demanda.



Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total