Traductor

Promocionando O Entroido

Promocionando o Entroido

Artigo de Rafa Quintía

13/09/2016 a las 21:13 publicado en Facebook




O pasado sábado xuntáronse en Compostela un importante grupo de xente da cultura galega. E non me refiro a escritores, artistas, actores, catedráticos e demais senón á unha representación dese nutrido grupo de xente que mantén vivo en Galiza a súa celebración máis fascinante, potente e, na miña opinión, máis significativa do ciclo festivo da invernía. Refírome, como non, ao Entroido. Quero pensar que o fin teórico desta xuntanza será promocionar o entroido galego. En todo caso sirve para que os miles de turistas que visitan Compostela nestas datas se sorprendan coa potencia escénica dalgúns dos noso entroidos e leven para casa unhas fotos coloridas de algo que non saben ben que é nin que significado ten pero en todo caso é pintoresco. Non falarei da organización, nin da “brillante” idea de xuntar na praza do Obradoiro ás delegacións territorias do sagrado Entroido cunha demostración-obradoiro de baloncesto. Pregunto para min se farían o mesmo xuntando unha mostra dos pasos da Semana Santa cunha feira de motocultores e de pienso para gando porcino. En fin, no referente a min foi unha magnífica escusa para ver a bos amigos que sempre nos tratan como da familia, para ir sentindo xa a forza do Entroido e para cargarme as pilas co son telúrico dos folións mentres non chega a sagrada e ancestral festa dos galegos…e das galegas. Sei dalgúns que xa van empezar polo San Sebastián xa me tarda. Viva o Entroido!! 

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total