Traductor

Ruteando Ramilo a Punxeiro

Ruteando por Viana Ruta de Ramilo a Punxeiro

Ramilo




















Comezamos a ruta en Ramilo, onde atopamos unha casa na que destaca o dragón esculpido en pedra, pertence a mesma casa o patio no que se atopa a capela . Nas beiras do río aínda se conservan muiños en funcionamento.












Dende Ramilo parte un camiño que leva ao Lombo das Lagoas e á Lama de Grúa onde podemos disfrutar de lagoas naturais. De camiño as lagoas está a pedra dos Escancerez, o Castelo Pequeno e o Castelo Grande, onde a lenda conta que o cabalo de Santiago deixou as súas pegadas. No ascenso ás lagoas, entre a vexetac ión autóctona, podemos ver a xanzá, pranta protexida cui a raíz ten usos medicinais.









A seguinte parada é Penouta, onde destacamos a mina abandoada, hoxe en día parece que quere volver a funcioar, antes extraían estaño e wolframio entre outros minerais. Actualmente no interior existe un lago formado polas augas subterráneas que afloraron coa excavación. Nas paredes pódense observar fósiles. Xa fora da mina atopamos a Balsa de Roldán que funcionaba como labadoiro da mina e onde hoxe podemos observar numerosos patos salvaxes.


Mina Penouta



















Continuando a ruta pasamos por Froxais e San Martiño onde podemos observar a arquitectura popular e a beleza da paisaxe.



A ruta remata en Punxeiro onde atopam os os restos dun Pazo o que pertencen un palomar, unha adega con cova e unha fonte. Na parte de abaixo do pobo comezan as viñas que chegan ata o río Bibei formando travesas.
Punxeiro




Neste ultimo pobo no mes de outubro celebrase a festa da vendimia si estades cerca acudir a vela merece a pena.





Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total