Traductor

Opinión muy importante sobre la carretera de San Agustín







Esta mañá léveme unha grata sorpresa ao ver que non só ledes algúns dos meus artigos, se non que ademas ides animando a deixar comentarios como o fixo o veciño de Pradorramisquedo Diego Blanco Álvarez, que ademas deixou un comentario que me parece moi construtivo e interesante, sobre un problema que temos en Viana e que prexudica a moitos veciños, como é a estrada de San Agustín, pídovos que leades a súa articulo e imos entre todos a buscar solucións.
O que queira participar pode deixar o seu comentario na revista abaixo da noticia ou na nosa paginas de Facebook de Viana e máis.

Moitas Grazas.

Artigo Diego Blanco Álvarez

¡¡Estrada digna xa!!
Boa idea a de pór unha entrada a cerca do problema da estrada de Viana a Santo Agostiño...

Animo a todos os comprometidos a facer pequenos xestos reivindicativos e pacíficos, sempre sen faltar ao respeto a ninguén e sen que afecten negativamente a terceiras personas.
Eses pequenos xestos poderían ser cousas como:

1 Pintar frases con esprai na estrada protestando polo estado da mesma de forma inxeniosa, con humor, pero sempre sen insultos nin faltas de respeto a ningunha persona concreta, pero si facendo alusión á compañía Endesa

2 Pegar pancartas polo percorrido con frases do mesmo estilo
Con estas dúas medidas darase a entender a transeúntes que hai un malestar xeral polo estado da mesma, que non é cousa solo de dous iluminados, se se ve todo o percorrido cheo de protestas de todo tipo, aínda que esta non é unha zona moi mediática nin famosa, pode crear debate e chegar a oídos de algún directivo por medio de algún traballador e pode consideralo unha mala campaña de márquertin...

3 Tratar de facer chegar o tema á prensa, é bastante difícil, porque a prensa o que quere son noticias frescas e que recheen espazo, eu traballein nun periódico e sei do que falo, pero se muta xente manda imaxes, protestas a seccións de opinión ou suxerencias de periódicos locais, provinciais ou da índole que considere, ou plataformas de queixas do estado do vial (plataforma "Ponle Freno" de A3Media, por exemplo) farémoslle coñecer o caso, e quizás, nalgún momento pódalles interesar achegarse á zona, que ademais, se a atopan chea de pintadas e pancartas, terán máis material gráfico e informativo co que poderán encher máis espazo e poderá aparecer nas páxinas máis adiantadas...

4 No artigo falábase de pobos de Zamora na mesma situación, supoño que falará de Porto, na mesma situación están, a súa estrada pasa por Vilanova, Barxacova, Pias, Pradorramisquedo (que este é de Viana, pero necesita serverse de esta estrada para comunicar co resto de pobos do municipio) e conclue en Porto, pois ben, neste pobo unha vez ao mes fan unha concentración en relación á petición de arranxo do vial, pode ser unha boa idea unha xuntanza de este estilo, este tipo de cousas si que atraen prensa... facer algún tipo de irmandamento cos de Porto ao mellor tamén é boa idea, sobre todo para dar novidades que provoquen "novas frescas"...

5 Aproveitar as redes sociais, cada un como vexa oportuno, existen plataformas de difusión de problemas a solucionar, xa hai difundida unha petición en change.org ao respecto

6 Dar máis ideas, cada un que lea este artigo que aporte máis ideas como fixen eu agora, e que difunda o enlace do escrito para que outros o lean e se comprometan...

Todas estas cousas serían pequenos xestos que por si sos non servirán de moito, pero todos xuntos poden xerar unha demostración de fartazgo xeral suficiente para presionar a Endesa, a titular da estrada, e os que a teñen que arranxar, e que se mova para evitar unha mala camaña de márquetin, conseguir aparecer na prensa é primordial, hai por tanto que darlle motivos e material entón empecemos por agradecer a Defin García Seixa dedicar tempo a escribir este artigo e difundámolo para utilizalo como medio de difusión de ideas, moitas veces queren facerse cousas pero non se fain por no ter medios para coordinarse cos outros, aproveitemos agora, e tamén outros pobos que teñen unha comunicación paupérrima como Rubiais, Cepedelo e o meu outro pobo, Pradorramisquedo, que neste último ademais teñen que pasar por un tramo doutra estrada que tampouco adecentan, deben reclamar algo que non é ningún vicio nin capricho, así que a seguer facendo bulla, hai que intentar... 

Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total