Traductor

Apoio total á concentración para solicitar mais atención pediatrica

Foto de La Región
O venres pola mañá celebrar unha concentración de persoas fronte ao Centro de Saúde. A convocatoria partiu da asociación de apoio á lactación materna e crianza Bico Doce, reuníronse sobre cincuenta persoas para pedir que a presenza dun pediatra no centro de Saúde de Viana amplieise, dun día como esta agora a mais días, co agravante que cando ese pediatra ponse enfermo ou colle vacacións ese posto non se cobre.



Non puiden estar na concentración nin cubrir a noticia aínda que me gustase estar, de todos os xeitos desde esta revista douvos todo o meu apoio porque o que estades a pedir é moi necesario, ademas incrible que a estas alturas non o teñamos aínda.

A pesar que non puiden estar na concentración se estiven a falar e escoitando a opinión da xente e teño que dicir que a pesar de que algúns din que iso voso é un capricho e que non conseguistes nada mais que xuntar un puñado de persoas, non é así o primeiro que conseguistes aínda que segundo eles fostes poquísimos, é que fale de vós e do problema que temos en Viana por tanto se cincuenta fan falar a moitos sexa para ben ou para mal imaxinarvos cando vaian aumentando as concentracións.

Tampouco entendo que lles poida parecer mal que pidades algo que eu vexo moi xusto dado a cantidade de nenos que hai actualmente en Viana, outra cousa que me chocou é que moita da xente que ía contra a vosa concentración non teñen nenos.


Desde aquí dígovos que ánimos e haber se para a próxima podo estar, non vexo xusto que os políticos antes das eleccións digan que a Xunta ía anunciar nos medios de comunicación que o pediatra ía vir dous días a Viana e agora resulta que llo van a estudar.






Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total