Traductor

As pedras nos falan

Xa se que me direis que o que poño non ten nada que ver con Viana pero eu creo que os que non os coñezades merece a pena saber do e.  Os que se, para que tomemos conciencia da importancia destas cousas e coidémolas, é un patrimonio que nos quedou aí, cun valor incalculable e algo que nos quixeron deixar os nosos antepasados, que aínda que non logremos descifralos, o que é seguro é que a súa mensaxe ten.



Artico da Comunidad Vía XIV pasado por Natureza Galaico-Universal

Cando un leva tantos anos mirando pedras e ten a fortuna de ir sacando a luz un monte de petróglifos, igual caes na falsa percepción de que xa o tés todo visto... E cando menos o esperas, a realidade báixache os pes ao chan de golpe en forma de obra de arte prehistórica...

Teño un pracer enorme de comunicar á xente da nosa comarca do Támega que o noso patrimonio acaba de pegar un salto cualitativo enorme no universo da arte prehistórica na pedra.

Moitos coñeceredes os petróglifos de Campo Lameiro, e da costa atlántica en xeral, con labirintos, cervos e deseños de círculos concéntricos con outros aínda máis complexos e abstractos... Ata agora, na comarca había uns poucos máis de 200 petróglifos de coviñas, "só" buratiños, de moitos tamaños, que forman deseños que lembran a constelacións estelares (aínda que sexa difícil de probar), misturados ás veces con algunhas liñas... Hai outros, preto de Sandín, que teñen ferraduras e combinacións delas, dous ou tres; no mesmo lugar outros dous petróglifos singulares, con deseños reflexivos, coviñas, algún circulo sinxelo; hai dous con ferraduras e coviñas, cerca de Feces; unha media lúa en San Martiño; unha serpe fermosísima, con dous círculos concéntricos; o moi singular petróglifo de Covas Rubias, con coviñas conectadas con canais, e un antropomorfo pequeniño, con outro máis abaixo co comezo dun círculo; o raro e fermoso petróglifo das Chaves de San Pedro, co cabaliño e moitos motivos máis, abstractos (ou non); e o petróglifo da Moreiriña, en Ábedes, co que parecen catro fouces...


Semellaba que estabamos lonxe desa espectacular arte atlántica, tan vistosa. Pero nin tanto. Aquí vos deixo dúas fotos e un debuxo a man alzada (perdoade a pericia, é só un borrador cun rotulador) para que vexades esta marabilla. Ademais de ser esteticamente fermoso, o importante é que coloca á nosa comarca, xeograficamente, no círculo da arte atlántica e aporta un valor engadido ao noso patrimonio que vai dar que falar durante moito tempo.


Ademais, nos próximos días teño algunhas sorpresas máis que asentan as premisas citadas. Ogallá vos guste. Esto que vedes é de tod@s vós, e nos fai máis ricos. Coidádeo, por favor.





Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total