A Fada Dos Montes
A FADA DOS MONTES
D. Eduardo Pondal 1872
Virgen divina,
De leves alas,
Que alegre voas
No doce Abril;
Fendendo ó vento
Con bellas galas;
Desconocida
Presta é gentil.
-------
Vírgen q' as veces,
No espacio culto,
Das verdes agras
Costumas voar;
E as veces no aire
De monte iuculto,
Te soes sin trazas
Evaporar
-------
Das tuas alas
O doce ruido;
E do teu paso
O grato son;.
Que nó percibe
O atento oido,
Mais que só o sente,
O corazón
-------
Na minha infancia,
Nos patrios montes
Da verde Erin;
Da tua veste,
Sentí á fragancia,
Cando pasabas,
Por junta min.
-------
Non sei quen eres,
Non sei á donde
Ou vas ou tornas,
Nin porque ley;
Nin sei se antes,
Nin como ou ande,
Nin en que antigo,
Tempo t´ haehey.
-------
Se fuí na gandra
De Carboeiro,
Nos verdes d' Oca,
Ou de Buxán;
Ou nas alturas
De Portomeiro,
Ou entre as brétomas,
De Barrañán.
-------
Se nas agrestes
Debesas do Esto,
No chan de Brántuas
Ou d' Angeriz;
Se nas pendentes
De Corcoesto,
Ou sobre ó cume
Do Gomariz.
-------
Na vesperti11a
Marina bruma,
De prado mole
Na tenra cor:
D´algun escollo
Na branca espuma,
De casta estrela
No resplandor
-------
No son das follas
Armoniosas,
Na voz dos pinos
Co vento Soán
No horror das furnas,
Na cor das rosas,
Na cor das olas,
Do San – Adrian.
-------
Non sei …. mais teño
A tua historia;
Non sei tampouco
Donde á apendí;
Nin sei de certo
Porque á memoria,
Doces lembranzas
Garda de tí
-------
Quezáis celeste
Reminiscencia,
Es d´outra vida
Que pasei xá;
Non sei quen eres….
Quezais presagio,
D´outra existencia
Q´inda virá.
-------
Virgen dos céltas
D´amigos astros,
Dos nobles céltas,
Fortes é bós;
Quezais habitas
Nos verdes castros,
Génio dos nosos
Grandes avós.
-------
E pois na cárcel
Que ó home encerra,
Pracer non hacha
Tregua ou solaz;
Deten un pouco
Na escura terra,
A Tua furgente
Carreira audaz
-------
E adios decindo
Ó escuro e denso
Confin que ó home
Sole habitar;
Nos lanzarémos
No espacio inmenso
Do van collidos,
Comentarios
Publicar un comentario
Deixe a súa opinión