Traductor

Mais de 3000 Hectáreas Queimadas en Ourense

Varios incendios de Ourense seguen sen control e devastan máis de 3.000 hectáreas

  • Tres incendios máis se suman aos rexistrados onte na provincia ourensá.

Se seguimos con estas temperaturas, sen cambios no clima e sen choivas este ano vai ser terrible para os incendios, aquí en Ourense xa excedemos todas as estatísticas de lumes ao mesmo tempo e intensidade, ademas moitos deles están perigosamente preto dos núcleos de poboación

O pesadelo que sufriron onte varios pobos da provincia de Ourense debido aos incendios forestais continúa hoxe con dous lumes máis, en Entrimo e en Lobeira, segundo o balance da consellería do Medio Rural. Máis de mil hectáreas arden na provincia, gran parte delas dentro do parque natural do Xurés. A esta superficie hai que sumar, ademais, outros dous incendios que afectan os municipios lucense da Fonsagrada e Chantada.

Activo en Entrimo e Lobios
O primeiro dos novos lumes activos rexistrouse onte pola noite nos municipios de Entrimo (parroqiua da Illa) e Lobios. Afecta a unhas 400 hectáreas. No seu control traballan tres axentes, oito brigadas, oito motobombas e un helicóptero.
A situación empeorou en Entrimo, onde Medio Rural decretou o nivel 2 como medida preventiva pola proximidade das chamas ao núcleo da vila

Situación 2 en Monterrei
Medio Rural decretou tamén a situación 2 en Monterrei, polo lume que se orixinou na parroquia de Vences pola proximidade a varios núcleos habitados.

Controlado o de Lobeira
Tamén esta mesma mañá rexistrouse un segundo incendio que afecta a unhas 75 hectáreas de Lobeira (parroquia de Fraga). Alí traballan tres axentes, sete brigadas e catro motobombas. Ás 13.30 horas, a Xunta anunciou que as chamas se habían dado por controladas.

Desactivada a Situación 2 en Muíños
Polo menos, esta mañá os servizos de emerxencias lograban desactivar a Situación 2 do lume rexistrado en Muíños, pola ameaza ás vivendas da parroquia de Requiás. O incendio declarouse na mañá de onte e, segundo o último parte, afectara a máis de 800 hectáreas, todas elas dentro do parque natural do Xurés. No seu control traballan dous técnicos, seis axentes, 31 brigadas, oito motobombas, tres pas, 10 helicópteros e sete avións.

Situación 2 en Oímbra
Onde o lume fixo perigar as vivendas durante horas é nas parroquias de Espiño e Bousés, do municipio ourensán de Oímbra. Medio Rural desactivou a situación 2 a media tarde. O incendio iniciouse onte á primeira hora da tarde e xa afectou a unhas 1.500 hectáreas. Nos labores de extinción levan traballando desde entón dous técnicos, 14 axentes, 29 brigadas, 12 motobombas, tres pas, seis helicópteros e catro avións.

Activo en Boborás

Desde as 16.44 de onte permanece activo un lume no municipio de Boborás, parroquia de Brués onde, segundo as últimas estimacións, arderon 500 hectáreas. No seu control traballan dez axentes, 31 brigadas, oito motobombas, tres pas, dez helicópteros e dous avións. Ademais, de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias, de protección civil e grupos supramunicipais


Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total