Traductor

Problemas na Oficina Agraria de Viana

Viana queda sen asesoría agraria por vacacións

  • Os gandeiros aseguran que este baleiro cáusalles problemas

Outro ano mais a falta de persoal. volve dar problemas na Oficina Agraria Comarcal de Viana do Bolo. Só hai un único administrativo e as vacacións do mesmo causan gran numero de problemas aos gandeiros.

Ata para os mais sinxelos tramites como é rexistrar un escrito, os interesados teñen que ir ao Concello. A responsable Comarcal de Unións Agrarias UPA nosa veciña María Páez Pérez comento “Non hai rexistro na Oficina Agraria e querer rexistar algo, temos que ir ao Concello ou ben ir ata A Gudiña”, desde fai tres anos están con este problema ao quedar vacante unha das dúas prazas de administrativo que había.

Actualmente o persoal da devandita oficina esta composta por tres persoas , un administrativo, un veterinario e un enxeñeiro técnico. O alcalde Secundino Fernández dixo que o actual equipo de goberno vai levar ao próximo pleno da Corporación Municipal unha moción cunha reclamación para a Conselleria do Medio Rural para que se cubran as vacantes dous administrativos, segundo palabras do alcalde que é tamén o enxeñeiro técnico da Oficina Agraria Comarcal "Hai días nos que está practicamente pechada" criticando ao mesmo tempo a Conselleria do Medio Rural por "deixadez de funcións"


A Consellería asegurou "estar cos trámites para cubrir as prazas e que os postos non queden sen cubrir".




Comentarios

Entradas populares

Vistas de página en total